SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – FS CUÉLLAR COJALBA (7-3)

O equipo pontés é oitavo clasificado con 23 puntos

366

O Esteo pontés de fútbol sala venceu este sábado con contundencia ó Cuéllar Cojalba de Segovia por 7-3.

O equipo pontés foi un vendaval dende o inicio do partido, e así adiantaba ó equipo local Pana, quen, tras desmarcarse encarou a Cano e picoulle o balón por alto (3´). A este tanto seguiulle outro de Rober Paz, que aproveitou un bo pase de Héctor para batir por baixo ó porteiro (7´), e a continuación outro de Martín de forte disparo dende fóra da área (9´).

Nunha indecisión defensiva visitante estivo listo Pana para poñer o 4-0 (10´), pero os segovianos recurtaron distancias cando nun arriscado pase de banda a banda de Rober, que pescou o balón Raúl en boca de gol, e fusilou a Javichu (12´).

Pero antes do descanso, nun saque de banda, boa triangulación entre Héctor, Rober e Pana, e este anotaba o 5-1 chegando dende atrás (18´). Hat trick, e xa se sitúa con 20 tantos.

O gran xogador de Pontedeume, xa está a un de Jaco, que con 21 ten o récord de goles do equipo en Segunda B, aínda que Martín con 18 non se queda rezagado.

O equipo de Javi Saa chegaba ó descanso con cinco goles, dous postes de Pana e Martín, un tiro ó longueiro de Javichu dende a súa porta, e dous man a man de Gago co porteiro.

Pero complicouse a vida o cadro local no comezo do segundo período. Acostumado como está a ter poucos efectivos no equipo, os visitantes, con máis respiro e rotacións, achegáronse tras un trallazo lateral de Javi (23´), que quedou só, e de Iván, que avanzou dende media pista ata o borde da área e cun punteirazo puxo o 5-3 no electrónico (27´).

Pero respirou o cadro local nunha xogada na que un balón morto mandao Rober ó poste, e o posterior rexeite, recolleo Martín, que regatea ó defensa, e bate a Cano de tiro cruzado (30´).

A sentencia chegou xogando os visitantes con porteiro xogador, que Javi, enviou o balón cara atrás, con tan mala fortuna que non atopou ningún compañeiro seu no camiño, e o balón acabou entrando manseniño na súa portería (35´).

De ahí ó final, tan so resaltar un trallazo á cruceta de César. Os ponteses son oitavos con 23 puntos, pero non hai que descoidarse porque o Leis gañou 6-4 ó Xove, e un sorprendente Unión Arroyo gañou 3-5 ó Albense, abandonando a última praza, na que queda o Ventorrillo.

Próxima visita precisamente ó Albense, que está un posto e un punto por riba dos ponteses.

FICHA DO PARTIDO
O ESTEO FS: Javichu, Martín, Héctor, Pana, Gago – cinco inicial – Rober Paz, Dani, Gerardo, Ayrton.
FS CUÉLLAR COJALBA: Cano, David, Gonza, Chuquito, Javi – cinco inicial – Íker, Josito, Iván, Raúl, Jose, César, Piti.
ÁRBITROS: Feliz Otero, Novoa García, Quintás Crespo (Ourense). Amarelas a Jesús, Dani, Héctor e Chuquito.
GOLES: Min. 3 (1-0), Pana. Min. 7 (2-0), Rober Paz. Min.9 (3-0), Martín. Min.10 (4-0), Pana. Min. 12 (4-1), Raúl. Min. 18 (5-1), Pana. Min. 23 (5-2), Javi. Min. 27 (5-3), Iván. Min. 30 (6-3), Martín. Min. 35 (7-3), Javi, pp.
INCIDENCIAS: Pavillón Municipal da Fraga. Partido correspondente á decimosétima xornada de Liga, novena na casa. Uns 200 espectadores.

Liga da Terra Chá
Cadete. O Esteo – Begonte (2-1)
Infantil. O Esteo B – Begonte B (0-2)
Alevín. Cospeito – O Esteo (4-7)
Benxamín. Outeiro A – O Esteo (2-1)
Prebenxamín. Castro – O Esteo (0-3)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios