Liga Local de Futbol Sala

O pasado domingo día 19 de Febreiro tivo lugar a celebración dunha nova xornada da Liga Local de Futbol Sala, unha xornada na que os tres primeiros da clasificación xeral provisional tiñan rivais relativamente asequibles polo que todo segue igual.

252

Esta décimocuarta xornada arrincaría ás catro da tarde co encontro entre o UB2 Group-Pub Plaza e A Cova dos Trasnos. Encontro que os de A Cova gañaron con autoridade a un o UB2 Group-Pub Plaza combativo pero menos experimentado que o seu rival.

Acontinuación, Os Tritós-Desguaces Vilabella que están a calcar o inicio de liga neste principio da segunda volta gañoulle, non sen difilcutades, a un O Esteo F.S. “B” por un marcador de 2-0 nun encontro no que O Esteo aguantou coa súa portería a cero 30 minutos pero dous erros defensivos foron aproveitados por Os Tritós para levarse a vitoria.

Ás seis da tarde enfrontaronse o Pub Mania-Las Torres e o Husse-Barbarroja dous conxuntos da parte baixa da táboa clasificatoria que chegaban a esta xornada tras colleitar resultados desiguais na anterior xornada. O encontro foi mais igualado do que esperaba nun principio e que remataria cun xusto empate a dous goles que non lles serve a ningún dos dous conxuntos para tentar sair dos postos baixos da clasificación.

Ás sete da tarde medironse dous conxuntos, o Andaina-Centro Futbol e o Colormix, nun encontro onde tras uns primeiros minutos moi igualados sería o Colormix o que se adiantaria no marcador pero pouco lle duraría a ventaxa porque poucos minutos despois os de A Capela conseguían empatar o encontro chegandose así ao descanso. Na segunda metade o Colormix conseguía dous goles mais poñendo no marcador 1-3 ao seu favor que semellaba definitivo pero cun gol a falta de poucos minutos para o remate o Andaina puxolle emoción a un encontro igualado pero non habería tempo para mais e o partido remataria có 2-3 favorable a o Colormix.

Cerrarian a xornada ás oito do seran o Novostylo Peluqueros e Ribadeume Futsal nun encontro no que un mal comezo do Novostylo case lle costa un disgusto porque o Ribadeume puxo no marcador un inquietante e inesperado 0-2 a favor mediada a primeira metade. Foi aí cando os de Vilalba espertaron e non só conseguir empatar un encontro que se lles puxera costa arriba senon que remontaron e conseguiron a vitoria por 5 a goles a 2.

A continuación, deixamosvos resultados dos encontros desta xornada nº 14, a clasificación e a loita por ser o máximo goleador do campeonato non sen antes comentar que a Liga Local de Futbol Sala sufrirá un parón de dúas semanas debido a ocupación do Pavillón Municipal co Campionato Galego Infantil de Karate e a Preselección para o Campionato de España Infantil de Karate polo que a competición voltará a disputarse o Domingo día 11 de Marzo.

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios