Liga Local de Futbol Sala

O vindeiro Domingo día 11 volve a competición á Liga Local de Futbol Sala

254

Despois do paron de dúas semanas obrigado por mor da ocupación do Pavillón Municipal con outras actividades a Liga Local de Futbol Sala retoma a súa actividade coa disputa o vindeiro día 11 de Marzo da xornada nº 15.

Unha xornada marcada polo encontro que as seis da tarde enfrontará aos dous primeiros clasificados da táboa. Colormix segundo e Novostylo Peluqueros primeiro ambos empatados a 34 puntos disputaran o encontro co obxetivo de alcanzar o liderato en solitario da competición. Ao igual que na primeira volta o encontro promete ser moi igualado e con poucos goles entre dous conxuntos que practican un futbol sala diferente pero efectivo a súa vez. Os pequenos detalles serán chave para que a vitoria se decante para un conxunto ou para o outro.

A xornada abrirana as catro da tarde O Esteo F.S. “B” e o UB2 Group-Pub Plaza nun encontro ao que ambos conxuntos chegan tras colleitar sendas derrotas na última xornada de liga a mans de Os Tritós-Desguaces Vilabella e A Cova dos Trasnos respectivamente polo tanto os dous equipos buscaran unha vitoria que lles permita acercarse os predecesores. Polo visto no encontro da primeira volta que acabou con vitoria de O Esteo por 5-3 polo que este parte como favorito a vitoria final.

Ás cinco da tarde Andaina-Centro Futbol e Husse-Barbarroja enfrontaranse nun encontro que se prevé que sexa igualado polo xogo similar que practican ámbolos dous conxuntos e no que os de Capela buscaran a vitoria para afianzarse dentro dos seis primeiros postos da clasificación e asi evitar xogar a ronda previa da copa. Pola contra o Husse-Barbarroja tentará puntuar para seguir coa racha de duas xornadas consecutivas que leva sen coñecer a derrota.

As sete da tarde A Cova dos Trasnos terceiro clasificado, a dous puntos dos líderes, ten como rival ao Ribadeume Futsal. Conxunto capaz de darlle un susto aos de A Cova se estes se confían demasiado e que xogarán sabendo o que fixeron os seus predecesores na táboa clasificatoria.

Para cerrar a xornada as 8 do serán veranse as caras os dous últimos clasificados Matojoma NG UB2 F.S e Pub Mania-Las Torres nun duelo no que pase o que pase continuaran ocupando as mesmas posicións na táboa. O Pub Mania-Las Torres parte como favorito a conseguir a vitoria mentras que o Matojoma UB2 F.S. tentará conseguir inagurar o seu caselleiro puntos xa que este encontro é un dos poucos nos que conseguir puntos de aquí a que acabe a liga visto a súa traxectoria.

A continuación deixamosvos cos horarios dos encontros desta xornada nº 15 da Liga Local de Futbol Sala de As Pontes.

16:00 h. O ESTEO F.S. “B” – UB2 GROUP-PLAZA
Ás 17:00 h. ANDAINA-CENTRO FUTBOL – HUSSE-BARBARROJA
Ás 18:00 h. COLORMIX – NOVOSTYLO PELUQUEROS
Ás 19:00 h. RIBADEUME FUTSAL – A COVA DOS TRASNOS
Ás 20:00 h. MATOJOMA NG UB2 F.S. – PUB MANIA-LAS TORRES
DESCANSA – OS TRITÓS-DESGUACES VILABELLA

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios