PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 9-10-11 MARZO

O primeiro equipo xoga en Boimorto. Fin de semana na que non haberá fútbol en As Pontes, con dous partidos en Maniños, e catro na Capela.

297

Esta fin de semana non haberá futbol en As Pontes, xa que ningún dos moitos campos do Poboado estarán dispoñibles, e os diversos partidos do clube local xogaranse en Maniños e na Capela.

No caso do xuvenil no mellor dos casos botará un mes e medio sen xogar na casa, antes de recibir ó líder Eume.

O As Pontes, pola súa banda, visita este domingo ó Boimorto (17:00). Trala importante vitoria ante o Arteixo, son terceiros con 49 puntos, empatados co Ribadeo, pero a nove de Paiosaco e dez do Polvorín.

Deben tentar buscar os tres puntos no Carballal para estar ó acecho, sobre todo do equipo de Laracha, dado que o filial do Lugo está nun gran estado, con todas as papeletas do ascenso, e o segundo clasificado ten pe e medio.

O cadro coruñés, recén ascendido, está na decimoterceira praza con 33 puntos, e na ida no Poboado sacou un empate, tralo único gol na campaña do ex xogador pontés Samu (93´), respondido antes do pitido final por Iglesias (96´), nun mal partido dos locais.

Nieto leva 9 goles, Andrés 7, e Figurín 5. Polo cadro pontés será baixa Bossa, que cumpre ciclo de 5 cartóns, igual que polos locais Nacho.

PREFERENTE
BOIMORTO CF-CD AS PONTES (DOMINGO 11, 17:00)

FEMININO
CD AS PONTES-SCD A CAPELA (MANIÑOS. DOMINGO 11, 12:00)

XUVENIL
CD AS PONTES-RACING SAN PEDRO A (MANIÑOS. SÁBADO 10, 12:00)

CADETE
SDC GALICIA DE MUGARDOS-CD AS PONTES (VENRES 9, 18:15)

INFANTIL
CD AS PONTES-AD MIÑO (A CAPELA. SÁBADO 10, 11:00)

ALEVÍN
SDC GALICIA DE MUGARDOS B-CD AS PONTES A (SÁBADO 10, 11:00)
CD AS PONTES B-RACING SAN PEDRO C (A CAPELA. VENRES 9, 17:30)

BENXAMÍN
SD O VAL-CD AS PONTES A (VENRES 9, 18:30)
CD AS PONTES B-EFR FERROL C (A CAPELA. SÁBADO 10, 12:45)

PREBENXAMÍN
CEDEIRA SD-CD AS PONTES A (VENRES 9, 18:00)
CD AS PONTES B-SD O VAL (A CAPELA. VENRES 9, 18:30)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios