XXVIII CARREIRA DE SAN XOSÉ

Celébrarase este domingo 18 e contará cun padriño de luxo

503

Este domingo 18 de Marzo terá lugar a habitual Carreira de San Xose pontesa na Carballeira da Fraga, con inicio ás 11:00 da mañá, proba que será organizada polo Atletismo Olympo e o Concello, e que conta co patrocinio de Matojoma e Eroski Center.

Coma sempre, haberá hai diversas categorías, dende os máis noviños, os pitufos, ata os máis maiores, sénior e veteranos. Contará cun prezo de tres euros para os adultos, que irán a parar á Asociación Ve-La Luz, contra o maltrato á muller e infantil.

Tamén haberá andaina. O prazo para inscribirse nesta vixéximo oitava edición será ata este xoves día 15 inclusive, e as inscricións faranse na web www.championchipnorte.com.

Ademais, este ano a proba conta cunha participación especial, a do madrileño Chema Martínez, atleta olímpico, mundialista, ou Campión Europeo e da Universiada en dez mil metros, entre outros moitos logros.

Toda unha institución que na xornada do sábado 17, nas inmediacións do Pavillón e da Fraga, estará cos máis noviños ás 12:00, cos maiores de trece anos e adultos ás 17:30, e logo dará unha interesante charla ás 19:00 no Lar. Xa o domingo participará na carreira coma un competidor máis.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios