PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 16-17-18 MARZO

O As Pontes recibe ó colista Outeiro de Rei, xogando o resto de equipos a domicilio

329

O As Pontes será o único dos once equipos do clube que xogará na casa e este domingo recibe ás 17:00 ó Outeiro de Rei, nun partido arbitrado por Antonio Domínguez González (Vigo).

O equipo lucense é colista con 15 puntos, moi lonxe da salvación, máis que polo afundido que está na táboa, polas sensacións, xa que si ben nas primeiras xornadas chegou a gañar incluso a Ribadeo e Viveiro, certo é que dos 16 últimos partidos perdeu catorce, gañando só a Escairón, e ó Sofán hai dúas xornadas. Ademais deses catro triunfos, tamén empatou contra tres equipos destacables coma As Pontes, Castro e Arzúa.

O equipo pontés non debe confiarse da situación do rival, recordando sen ir máis lonxe o encontro da ida, onde gañaban 0-1, e os locais, cun xogador menos, chegaron a empatar preto do final, e na derradeira xogada do encontro, o quinto cambio dos lucenses quedou so ante Kiko, e quizais porque non agardaba a ocasión golpeou ó aire en lugar do balón nunha ocasión que soe acabar no fondo das mallas na maioría das veces.

O Outeiro é o máis goleado e o menos goleador da categoría con só 19 tantos. Adrián Vizoso leva 5. Os demais equipos do clube volverán a xogar a domicilio, ou ben como locais en Maniños e na Capela.

PREFERENTE
CD AS PONTES-SD OUTEIRO DE REI (DOMINGO 18, 17:00)

FEMININO
EF RACING DE FERROL-CD AS PONTES (SÁBADO 17, 19:00)

XUVENIL
CD NARÓN A-CD AS PONTES (SÁBADO 17, 16:00)

CADETE
CD AS PONTES-SCDR GALICIA DE CARANZA B (MANIÑOS. SÁBADO 17, 12:15)

INFANTIL
CD AS PONTES- SCDR GALICIA DE CARANZA B (MANIÑOS. VENRES 16, 17:30)

ALEVÍN
CD AS PONTES A-SD O VAL B (A CAPELA. SÁBADO 17, 10:00)
SD O VAL C-CD AS PONTES B (VENRES 16, 18:30)

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-SCDR ÁNIMAS (A CAPELA. SÁBADO 17, 11:00)
SCDR GALICIA DE CARANZA D-CD AS PONTES B (VENRES 16, 18:15)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-EF RACING DE FERROL (A CAPELA. VENRES 16 19:00)
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES B (VENRES 16, 18:00)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios