SEMIFINAL. CR FENDETESTAS – MURALLA RC

O equipo pontés xogase este domingo no Campo Monte Medulio o acceso á final.

311

O Fendetestas pontés de rugbi xogará este domingo ás 12:30 a súa semifinal da Fase de Ascenso tralo aprazamento da pasada semana.

Como primeiro clasificado, recibirá ó cuarto, Muralla, que non será un rival doado xa que sen ir máis lonxe este conxunto militaba na Primeira Galega a campaña pasada.

Nos dous enfrontamentos anteriores en Liga, triunfos claros, pero axustados, do equipo local, 13-24 e 15-0.

O vencedor deste encontro xogará a final e a praza de ascenso co Zalaeta, que gañou en Arteixo 8-3 ó Santiago na outra semifinal.

SEMIFINAL PLAY OFF
CR FENDETESTAS – MURALLA RC
Domingo 18 – Marzo – 2018 (12:30 h)
Campo Monte Medulio

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios