Liga Local de Futbol Sala

Cambio na cabeza da táboa clasificatoria

334

Este pasado domingo día 18 de Marzo tivo lugar a disputa dunha nova xornada na Liga Local Local de Futbol Sala. Unha xornada marcada sen dúbida polo encontro das seis da tarde que enfrontaría de novo aos dous primeiros clasificados da táboa pero desta vez cambiaban os protagonistas. A Cova dos Trasnos e o Colormix protagonizaron un encontro moi disputado no que se puxeron por diante no marcador os de A Cova cun gol nos primeiros minutos de partido. O Colormix soupo reporñerse a ese gol tempraneiro e conseguiu darlle a volta ao marcador con dous goles case seguidos e con esa ventaxa pola mínima de 1-2 a prol do Colormix chegariase a o descanso. Na reanudación os de A Cova sairon a por todas e non só lle deron a volta ao partido senon que poñian terra de por medio aos oito minutos deste periodo cun 4-2 e despois duns minutos no que o partido non foi moi vistoso sería A Cova dos Trasnos quen con outro gol sentenciaría o encontro ao seu favor a pesar de que seguiu intentando o Colormix que conseguiría outro gol deixando o marcador nun 5-3 que non reflexa o visto na pista. Con este resultado A Cova dos Trasnos colocase líder da clasificación cun partido memos.

No resto de encontros, a xornada arrincaría coma sempre ás catro da tarde Pub Mania-Las Torres e Andaina-Centro Futbol firmaron táboas nun encontro moi igualado que acabou con empate a dous goles. Resultado que non lles sirve a ningún dos dous conxuntos xa que os dous quedanse en terra de ninguen. O negativo deste encontro é que o Andaina-Centro Futbol alonxase un pouco mais da quinta praza, praza que evitaría xogar a ronda previa da Copa de Futbol Sala xa que agora ese obxetivo está a catro puntos.

Ás cinco da tarde o Matojoma UB2 F.S. enfrontariase a un duro rival como é Os tritós-Desguaces Vilabella un dos equipos mais goleadores do campeonato que cumpreu os pronósticos e goleou ao colista por 6 goles a 2 polo que se manten cómodo na cuarta posición da táboa clasificatoria.

A goleada da xornada tivo lugar ás sete da tarde e correu a cargo do Novostylo Peluqueros que se impuxo ao Husse-Barbarroja por un contundente 8-0 desquitandose así da derrota sufrida a pasada xornada ante o Colormix. Non foi o día do Husse-Barbarroja que si tivo ocasións marcar gol pero unas veces por imprecisións nos metros finais outras por culpa dos paos veu como o seu casilleiro de goles acabaría como empezou. Os de Vilalba seguen terceiros na clasificación empatados có Colormix que é segundo.

Cerraron a xornada Ribadeume Futsal e O Esteo F.S. nun encontro onde ambos conxuntos pelearon por unha vitoria que se levaron os Ribadeume por 5-2 o que lles serve para afianzarse no quinto posto da táboa clasificatoria, derradeiro posto que da acceso directo aos cuartos de final da vindeira edición da Copa Local de Futbol Sala pola contra O Esteo F.S. alonxase da loita por evitar xogar a ronda previa da Copa xa que agora está situado a 9 puntos dese obxetivo.

A continuación deixamosvos cós resultados desta xornada nº 16, a Clasificación e a loita por ser o máximo goleador da competición na todo segue igual, con Tomás de A Cova dos Trasnos con 24 goles seguido de Diego Polo de Colormix con 17 e un grupo de tres xogadores con 14 tantos cada un.

Nova cortesía de Moises Fernández

También podría gustarte
Comentarios