PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 23-24-25 MARZO

O As Pontes xogará un partido complicado na Estrada

373

O As Pontes visita este domingo ao único equipo pontevedrés da categoría, a Agrupación Estudiantil, no Campo de San Martiño, 18:00, en encontro arbitrado por Eduardo Rodríguez Pernas (A Coruña).

O equipo da Estrada é duodécimo con 36 puntos, pero nesta campaña xa venceu a domicilio a Dubra, Arzúa e Viveiro, e na casa a todo un Polvorín, Ordes ou Betanzos.

Brais Calvo leva 12 tantos e Roi Peiteado 7, e ambos suman máis da metade dos goles dun equipo que leva 34. Na ida, a pesar das ocasións, un sufrido 1-0, gol de Dani.

Por outra banda, catro partidos xogaranse como local no Campo dos Calzados. O único privilexiado que xogará no Poboado será o xuvenil, ante o líder Eume.

PREFERENTE
AGRUPACIÓN ESTUDIANTIL – CD AS PONTES (DOMINGO 25, 18:00)

FEMININO
CD AS PONTES-SD O VAL B (OS CALZADOS. SÁBADO 24, 16:00)

XUVENIL
CD AS PONTES-EUME DEPORTIVO (SÁBADO 24, 16:30)

CADETE
SD O VAL-CD AS PONTES (SÁBADO 24, 10:00)

INFANTIL
CD NARÓN A-CD AS PONTES (SÁBADO 24, 10:00)

ALEVÍN
EUME DEPORTIVO B-CD AS PONTES A (SÁBADO 24, 11:30)
CD AS PONTES B-CCRD PERLÍO (OS CALZADOS. SÁBADO 24, 11:00)

BENXAMÍN
RÁPIDO DE NEDA B-CD AS PONTES A (SÁBADO 24, 12:00)
CD AS PONTES B-SD LIBUNCA (OS CALZADOS. VENRES 23, 18:00)

PREBENXAMÍN
RACING SAN PEDRO-CD AS PONTES A (VENRES 23, 18:00)
CD AS PONTES B-CF SAN SADURNIÑO (OS CALZADOS. SÁBADO 24, 12:15)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios