Liga Local de Futbol Sala

O vindeiro Domingo día 25 de Marzo disputarase unha nova xornada da Liga Local de Futbol Sala derradeira antes do paron debido á Semana Santa.

287

Unha xornada propicia para que haxa algunha que outra sorpresa inesperada xa que na maioria dos emparellamentos enfrontanse equipos da zona baixa da táboa cós da zona alta polo que estes últimos non se deben relaxar xa que pódense ver sorprendidos.

Abriran a xornada as catro da tarde o UB2 Group-Pub Plaza e Os Tritós-Desguaces Vilabella nun encontro onde estes buscaran unha vitoria que os afiance na cuarta posición da táboa clasificatoria diante UB2 Group-Pub Plaza que necesita os tres puntos en xogo para apurar as remotas opcións que ten para evitar a ronda previa da vindeira edición da Copa Local 2017 polo que se espera un encontro igualado nos primeiros minutos ainda que Os Tritós non deberían ter maiores problemas para levarse a vitoria.

Ás cinco da tarde Novostylo Peluqueros e Pub Mania-Las Torres veranse as caras nun encontro onde os de Vilalba parten como claros favoritos a conseguir a vitoria ao final dos cincuenta minutos pero non deberán fiarse do penúltimo clasificado que tentará dar a sorpresa.

A continuación o Husse-Barbarroja enfrontarase ao novo líder da competición A Cova dos Trasnos que é claro favorito para levarse o encontro e continuar así no mais alto da clasificación pero non debe fiarse dun Husse-Barbarroja que no partido da primeira conseguiu darlles un pequeno susto aos de A Cova xa que se puxo gañando 0-2 ao pouco de empezar encontro.

Ás sete da tarde o Colormix quere volver á senda dos triunfos despois da derrota sufrida a pasada xornada, que lle supuxo perder o liderato, enfrontándose a un O Esteo F.S. “B” que nas últimas xornadas está a mostrar unha melloria no seu xogo e que buscará a vitoria para tentar acercase ao seu predecesor na táboa clasificatoria o Andaina-Centro Futbol.

Precisamente os de A Capela cerraran a xornada enfrontándose ao colista e único equipo que non conseguiu puntuar nas dezaseis xornadas que van disputadas de campeonato e que pola traxectoria que levan, este tampouco será un partido propicio para inagurar o seu casilleiro de puntos xa que o Andaina-Centro Futbol está inmerso na loita por eludir a fase previa da Copa Local.

A continuación deixamosvos cos horarios dos emparellamentos desta xornada nº 17.

Ás 16:00 h. UB2 GROUP-PUB PLAZA – OS TRITÓS-DESGUACES VILABELLA
Ás 17:00 h. NOVOSTYLO PELUQUEROS – PUB MANIA-LAS TORRES
Ás 18:00 h. HUSSE-BARBARROJA – A COVA DOS TRASNOS
Ás 19:00 h. COLORMIX – O ESTEO F.S. “B”
Ás 20:00 h. ANDAINA-CENTRO FUTBOL – MATOJOMA NG UB2 F.S.
DESCANSA – RIBADEUME FUTSAL

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios