SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS (2-3)

O Esteo perdeu un punto nos últimos segundos tras remontar un 0-2

381

O equipo pontés de fútbol sala do Esteo perdeu este sábado ante o Pizarras Los Tres Cuñados do Barco de Valdeorras, segundo clasificado, tras un trepidante segundo período.
Tras chegar ao descanso con empate a 0-0, os ourensáns poñían terra de por medio con dous tantos de Durán, que abriu o marcador, e despois foise de Héctor, e cun brillante tiro cruzado desde o lateral bateu a Javichu.
Non se rendiu o Esteo e foi a polo gol, recurtando distancias Rober Paz de penalti tras desviar un defensa coa man na área, e despois nunha xogada de banda a banda empataba Héctor de disparo por baixo chegando só ó segundo pau.
Non se conformou o equipo pontés co empate, e foi valente a polo triunfo co porteiro xogador nos últimos segundos, pero nunha acción na que recuperou o balón o cadro visitante marca dende a súa pista Bruno.
Non tivo sorte o Esteo porque incluso faltando 15 segundos Rober Paz estrelaba un balón no pau. Sen tempo para máis os ponteses son sétimos con 29 puntos antes de visitar ó Leis de Pontevedra, undécimo con 25 puntos.
FICHA DO PARTIDO

O ESTEO FS: Javichu, Héctor, Pana, Rober Paz, Diego– cinco inicial – Martín, Ayala, Gerardo, Gago.

PIZARRAS LOS TRES CUÑADOS: Kiko, David, Bruno, Dilin, Duran– cinco inicial – Javi, Bencho, Cris, Josiño, Maelo.

ÁRBITROS: Manteiga Rodríguez, Dans Rey, García Vázquez (A Coruña). Amarelas a Ayala, Javichu, Jesús, Bruno, David e Maelo.

GOLES: Min. 28 (0-1), Durán. Min. 31 (0-2), Durán. Min. 35 (1-2), Rober Paz. Min. 36 (2-2), Héctor. Min. 40 (2-3), Bruno.

INCIDENCIAS: Pavillón da Fraga. Partido correspondente á vixéximo primeira xornada. Uns 200 espectadores.

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios