Liga Local de Futbol Sala

Tarde de sorpresas na Liga Local de Futbol Sala

338

O pasado Domingo día 25 de Marzo disputouse unha nova xornada da Liga Local de Futbol Sala derradeira antes do paron debido á Semana Santa. Unha xornada que era propicia para que houbera algunha que outra sorpresa inesperada xa que na maioria dos emparellamentos enfrontabanse equipos da zona baixa da táboa cós da zona alta e así foi.

A sorpresa xa saltaría no encontro inagural da xornada xa que o UB2 Group-Pub Plaza foi capaz de sorprender a Os Tritós-Desguaces Vilabella ao gañar por 4-3 nun encontro mais igualado do que se esperaba nun principio e no que a Os Tritos faltoulles a eficacia de cara ao gol de encontros anteriores. Estes manteñense na cuarta posición da táboa pero alonxase un pouco mais dos tres primeros clasificados. Pola contra o UB2 Group-Pub Plaza con estes tres puntos ascende unha posición e manten vivas as opcións que ten para evitar a ronda previa da vindeira edición da Copa Local 2017.

Ás cinco da tarde saltaría a outra sorpresa xa que o Novostylo Peluqueros que partian como claros favoritos a conseguir a vitoria deixabase dous valiosos puntos tras empatar a tres goles có Pub Mania-Las Torres nun encontro onde o Pub Mania-Las Torres chegou a ir por diante en varias fases do encontro. Ao final este empate non lles serve a ningún dos conxuntos, saindo mais perxudicados os de Vilalba.

A continuación o Husse-Barbarroja enfrontouse ao líder da competición, A Cova dos Trasnos, que era claro favorito para levarse a vitoria neste encontro para
continuar no mais alto da clasificación pero tivo que sufrir e moito para doblegar a un Husse-Barbarroja que lle plantou cara ao líder dende o inicio do encontro e como pasara na primeira volta foi capaz de poñerse por diante no marcador durante uns minutos. Pero a pesar de que ámbolos doús conxuntos se presentaron ao partido con poucas rotacións os de A Cova con mais eficacia de cara ao gol conseguiron darlle a volta ao marcador e deixalo nun escaso 1-2 final.

Ás sete da tarde Colormix volveu á senda dos triunfos a costa dun O Esteo F.S. “B” ao que derrotou por 5-2 nun encontro no que o resultado final non reflexa o competitivo que foi o encontro. O Colormix foi sempre por diante no marcador despois de moita igualdade e ocasións nas dúas porterías nos primeiros minutos de partido. Ampliaria a ventaxa o Colormix colocando o 3-0 no marcador e comezaba a decantar o encontro a o seu favor pero acortaría distancias O Esteo cun disparo dende fora da área. Logo duns minutos trabados en canto a xogo o Colormix conseguiría dous goles que certificaban a vitoria pero O Esteo non baixaria os brazos e sacaría o porteiro xogador á pista e na seguinte oportunidade nunha gran xogada de cinco para catro ao primeiro toque farian o seu segundo gol. Seguiriao intentando O Esteo có xogo de cinco pero non habería tempo para mais polo que o resultado final de 5-2 a prol do Colormix que o coloca en solitario no segundo posto da táboa clasificatoria.

Cerraron a xornada o Andaina-Centro Futbol e o colista que volveu a perder esta vez por 6-4 nun encontro onde os de A Capela foron moi superiores e nos últimos co 6-2 no marcador deixaronse levar feito que aproveitou o Matojoma UB2 F.S. para anotar dous tantos mais e maquillar así o resultado. Con esta vitoria o Andaina-Centro Futbol achegase a tan só un punto do quinto posto que evita xogar a ronda previa da Copa Local e que ocupa o Ribadeume Futsal que cumpreu este domingo a súa xornada de descanso desta segunda volta.

A continuación deixamosvos cós resultados desta xornada nº 17, a Clasificación e a loita por ser o máximo goleador da competición que segue comandada por Tomás de A Cova dos Trasnos, non sen antes recordar que a competición volverá o Domingo oito de Abril coa disputa da xornada nº 18.

Nova cortesía de Moises Fernandez

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios