PREFERENTE NORTE. BOIMORTO CF 0 – CD AS PONTES 1

O As Pontes sitúase a catro puntos dos postos de ascenso

446

Triunfo vital do As Pontes na tarde de hoxe na súa visita a Boimorto, dado que os azuis venceron o cadro local por 0-1 no partido que fora aprazado no seu día polo temporal.

Un solitario gol de Rego ao borde do descanso outorga tres importantes puntos, que afianzan ao As Pontes na terceira praza con 58, a catro dos dous primeiros, Polvorín e Paiosaco, que teñen 62 puntos.

Quedan oito xornadas por diante, e sen ir máis lonxe dentro de 10 días o equipo pontés recibe nin máis nin menos que ó líder da categoría, o filial do Lugo, o Polvorín. O único pero, a lesión de Quique, que agardemos sexa o máis leve posible.

Tamén se deu a circunstancia anecdótica de que Dani deixou de xogar os seus primeiros minutos co equipo, xa que saiu no inicio do segundo tempo e ata o de agora xogara os 29 partidos anteriores completos e sin tarxetas.

Xogaron Paco, Criado, Alex, Rego, Maroñas, Martínez (Dani 45´), Ramos, Bossa, Carba (Pardo 72´), Fidi (Troncho 83´), Quique (Iglesias 39´).

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios