Liga Local de Futbol Sala

O vindeiro Domingo día 8 de Abril volve a competición á Liga Local de Futbol Sala despois do paron de Semana Santa coa disputa da xornada número 18 da presente tempada.

262

Unha xornada que arrincará ás catro da tarde có encontro entre o colista o Matojoma NG UB2 F.S. e o UB2 Group-Pub Plaza onde ámbolos conxuntos buscaran a vitoria con fins moi distintos xa que o Matojoma NG UB2 F.S. quere inagurar o seu casilleiro de puntos mentras que o UB2 Group-Pub Plaza que parte como favorito para acadar a vitoria xa que necesita os tres puntos para apurar as remotas opcións que lle quedan para entrar directamente nos cuartos de final da Copa.

As cinco xogará o líder, A Cova dos Trasnos ante o Pub Manía-Las Torres nun encontro onde os de A Cova parten como claros favoritos e mais sabendo que si gañan poñen terra de por medio có segundo clasificado o Colormix que nesta xornada descansa.

A continuación Ribadeume Futsal e Os Tritós Desguaces Vilabella protagonizaran o segundo derbi parroquial da tempada. Derbi que se presenta apaixoante e igualado como o da primeira volta no que Os Tritós conseguiron unha axustada vitoria por 4 goles a 3. Ambos conxuntos separados tan só por tres puntos chegan a este este encontro sen puntuar na anterior xornada, o Ribadeume por descansar e Os Tritós tras caer derrotados de forma inesperada ante o UB2 Group-Pub Plaza. Unha vitoria virialles ben a calquera dos dous equipos estando mais necesitado o Ribadeume Futsal que está a tan só un punto do sexto posto e polo tanto de sair dos postos que dan acceso directo aos cuartos de final da Copa.

Ese sexto posto ocupao o Andaina-Centro Futbol que ás sete da tarde terá un difícil enfrontamento contra o Novostylo Peluqueros onde estes tentaran aproveitar a condición de favoritos para conseguir tres puntos que os coloquen segundos na clasificación sabendo que o Colormix segundo clasificado descansa nesta xornada pero non deben confiarse dos de A Capela senon queren verse sorprendidos como na xornada anterior por un equipo da zona media-baixa da clasificación.

Cerrará a xornada o encontro entre O Esteo F.S. “B” e o Husse-Barbarroja. Separados por tan só dous puntos na clasificación ambos conxuntos tentaran de buscar unha vitoria que os manteña vivos na disputa por eludir a fase previa da Copa Local cousa que se antoxa moi difícil porque ambos equipos terian que gañar os cinco partidos que quedan para o remate da competición e que algún dos seus predecesores na clasificación non puntuen en alguns dos encontros.

A continuación deixamosvos cos horarios dos encontros desta xornada nº 18:

16:00 h. MATOJOMA NG UB2 F.S. – UB2 GROUP-PUB PLAZA
17:00 h. A COVA DOS TRASNOS – PUB MANIA-LAS TORRES
18:00 h. RIBADEUME FUTSAL – OS TRITÓS-DESGUACES VILABELLA
19:00 h. NOVOSTYLO PELUQUEROS – ANDAINA-CENTRO FUTBOL
20:00 h. O ESTEO F.S. “B” – HUSSE-BARBARROJA
DESCANSA – COLORMIX

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios