PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 6-7-8 ABRIL

O As Pontes recibe este domingo ó líder nun partido no que se fai un chamamento a socios e afeccionados

287

O As Pontes ten este domingo un partido importantísimo ante o filial do Lugo, o Polvorín, nun horario inusual, ás 18:30, en encontro arbitrado por Carlos Alberto González Fernández (Vigo).

Coa vitoria en Boimorto, o As Pontes, con 58, sitúase a catro puntos dos postos de ascenso, ocupados por Polvorín e Paiosaco.

Os datos do conxunto lucense falan por si mesmos, xa que é o máximo goleador con 65 tantos, por 64 do As Pontes, e o menos goleado, 24, por 27 dos ponteses.

Ten ó máximo goleador da categoría, Fernando Cuadrado, con 23 tantos, e tamén Dani Escriche leva 10, Coqui 7, e Javi Rey 6.

Vitorias destacadas tiveron esta campaña ante Castro (6-0), Ordes (1-6), Betanzos (5-0) ou ante o colíder Paiosaco (2-0).

No resto de partidos da fin de semana tan só o infantil xogará na casa, mentres outros catro equipos o farán na Capela.

PREFERENTE
CD AS PONTES-POLVORÍN SD (DOMINGO 8, 18:30)

FEMININO
CF SAN SADURNIÑO-CD AS PONTES (DOMINGO 8, 12:00)

XUVENIL
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES (SÁBADO 7, 17:00)

CADETE
CD AS PONTES-SCDR ÁNIMAS (OS CALZADOS. SÁBADO 7, 16:30)

INFANTIL
CD AS PONTES-SD O VAL (VENRES 6, 18:30)

ALEVÍN
CD AS PONTES A-SCDR NARÓN O FREIXO (OS CALZADOS. VENRES 6, 18:30)
EFB AMISTADE DE MEIRÁS-CD AS PONTES B (VENRES 6, 18:30)

BENXAMÍN
EUME DEPORTIVO-CD AS PONTES A (VENRES 6, 18:00)
CD AS PONTES B-EF RACING DE FERROL B (OS CALZADOS. SÁBADO 7, 11:00)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-CD NARÓN (OS CALZADOS. VENRES 6, 17:30)
CULTURAL MANIÑOS-CD AS PONTES B (VENRES 6, 18:40)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios