O ESTEO FUTBOL SALA

O equipo pontés visita ó Leis de Pontevedra

196

O equipo pontés de fútbol sala do Esteo visita este sábado ó Leis de Pontevedra. Os pontevedreses son undécimos con 25 puntos e O Esteo sétimo con catro puntos máis. Sen embargo o equipo local ten dúas fases ben diferenciadas.

Se ben nas quince primeiras xornadas só conseguiron un triunfo por sete empates, nas seis últimas xornadas sumaron cinco triunfos consecutivos ata que caeron derrotados na derradeira xornada 3-4 ante o Narón, o que non quita que eses 15 puntos os sacasen dos postos baixos.

Nas visitas á cidade do Lérez, dous empates, 1-1 e 4-4, e un 5-1 a campaña anterior. Por outra parte, catro equipos de base disputarán este sábado as finais da Liga da Terra Chá en Baamonde.

SEGUNDA DIVISIÓN B (22ª xornada)
LEIS PONTEVEDRA FS – O ESTEO FS
Sábado 7 – Abril – 2018 (16:30)
Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios