ACTUACIÓN DE BORJA PRIETO NA COPA DE ESPAÑA

O piragüista pontés acadou unha medalla de prata

264

O piragüista pontés Borja Prieto Valera competiu esta fin de semana en Trasona (Avilés) na Copa de España de 1000 e 500 metros.

Participou nunha soa proba, o K4 500, nos que competía xunto ós seus compañeiros do RGC Covadonga, o tricampión mundial e oito veces gañador do Sella, Álvaro Fernández Fiuza, o Campión Mundial sub23, Juan Oriyés, e Daniel García Barón.

Foron segundos na súa semifinal, mesmo posto que acadaron na final. O equipo que os venceu nas dúas regatas, o campión, foi o Kayak Tudense, de Roi Rodríguez, Rubén Millán, Pedro Vázquez e Aarón Diéguez. O bronce foi para o Ría de Aldán liderado polo campión olímpico Carlos Pérez Rial “Perucho”.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios