Nota de prensa XPAP: Xunt@s por As Pontes organiza unha palestra – debate sobre o futuro das pensións

Xoves 12 ás 20:00h na Casa Dopeso.

202

O incremento de miseria do 0,25 por cento foi a gota que rebordou o vaso e fixo saír ás rúas a milleiros de persoas en defensa e garantía dunhas pensións públicas que permitan á xente vivir con dignidade despois de toda unha vida de traballo.

Dende que comezaron as mobilizacións, esta plataforma sumouse e participou en moitas delas, especialmente nas celebradas na nosa vila e comarca. Tamén presentamos unha moción no último pleno municipal, que foi apoiada polos demáis grupos agás o PP.

Seguimos traballando para informar a toda a veciñanza sobre este problema: por qué o incremento do 0,25 é unha miseria? qué é iso da cláusula de sostibilidade? a quén afecta e cómo? qué vai pasar coas vindeiras xeracións? pódense facer as cousas doutro xeito? hai alternativa?

Programamos esta palestra con debate posterior aberto a todas as asistentes, na que quixemos que participaran todos os sindicatos e organizacións máis representativas da nosa contorna coa finalidade de garantir a pluralidade e ter unha idea dos motivos que levan a cada unha delas á mobilización. Finalmente, os representantes de CCOO e UXT desculpan a súa ausencia. Si nos acompañará o representante local da CIG, Alberte Amado, e mais o economista recén xubilado e colaborador activo coa Marea Pensionista, Manuel Roca.

O xoves a partires das 20:00h, agardámosvos na Casa Dopeso. Non faltedes pois aféctanos a todas, pensionistas ou non.

As Pontes, 10 de abril de 2018

Máis información en www.xuntosporaspontes.com

También podría gustarte
Comentarios