Liga Local de Futbol Sala

Emocinante xornada a vivida o pasado Domingo na Liga Local de Futbol Sala na volta á competición despois do paron da Semana Santa.

314

Unha xornada número 18 que arrincaria ás catro da tarde có encontro entre o colista o Matojoma NG UB2 F.S. e o UB2 Group-Pub Plaza onde ámbolos conxuntos buscaron a vitoria con fins moi distintos xa que o Matojoma NG UB2 F.S. buscaba inagurar o seu casilleiro de puntos mentras que o UB2 Group-Pub Plaza que partía como favorito para acadar a vitoria fixo valer esa condición para acadar a vitoria nun encontro con moitos goles e que rematoou cun 5-10 favorable a estes últimos e que lles serve para manter as opcións para entrar directamente nos cuartos de final da Copa a falta de catro xornadas para que remate a competición, mentrás que o Matojoma NG UB2 F.S. segue sen puntuar.

Ás cinco xogaría o líder, A Cova dos Trasnos que a piques estivo de verse sorprendido polo Pub Manía-Las Torres nun encontro onde os de A Cova partían como claros favoritos e mais sabendo que si gañaban poñian terra de por medio có segundo clasificado o Colormix que nesta xornada descansaba. Pero o Pub Manía-Las Torres non lle poñeria as cousas fáciles xa que se adiantaria e iria por diante no marcador a maioria do encontro pero nos últimos minutos os de A Cova dos Trasnos darianlle a volta ao partido quedando cun resultado escaso de 2-1 a prol dos de A Cova.

A continuación Ribadeume Futsal e Os Tritós Desguaces Vilabella protagonizaron o segundo derbi parroquial da tempada. Un Derbi que como se prevía foi apaixoante e igualado con ocasións claras de gol en ámbalas dúas porterías. Ao encontro sobroulle a primeira metade onde as imprecisións de ambos conxuntos fixo que se chegara ao descanso có resultado inicial de 0-0. Sería a volta do descanso cando se viu o verdadeiro derbi, poñeriase por diante o Ribadeume mediada a segunda metade e a falta de cinco minutos para o final empatarían Os Tritós. Nuns cinco últimos minutos de infarto con ataques constantes en ambas porterías a polémica chegaría no último segundo do partido porque un tiro desde fora da área de Os Tritós colouse dentro da portería do Ribadeume Futsal pero o árbitro despois de consultar a acción có seu compañeiro da mesa arbitral interpretou que o disparo se executara despois de que sonara a bocina que marca o final do encontro polo que non deu validez ao tanto quedando o marcador final cun empate a un, que deixa insatisfeitos aos dous conxuntos despois do visto sobre a pista.

A sorpresa da xornada saltaría as sete da tarde onde o Andaina-Centro Futbol empataría a doús goles có Novostylo Peluqueros. Nun encontro ao que os dous conxuntos chegaban con poucos efectivos serían os de A Capela os que se adiantarían no marcador por 2-0 nun mal inicio dos Vilalba. Pero estes non se iban dar por vencidos e conseguirían empatar e incluso foron a polo partido sacando o porteiro xogador nos últimos minutos de encontro pero as imprecisións nos pases condenarono ao 2-2 final. Resultado que unido ao empate na xornada anterior fan que o Novostylo Peluqueros se afaste mais da loita polo título de Liga xa que é o único equipo dos da cabeza da táboa que ten que descansar e farao na derradeira xornada de Liga.

No derradeiro encontro da xornada O Esteo F.S. “B” vencería ao Husse-Barbarroja por 3-2 nun bo encontro de O Esteo que pese a comezar perdendo desta vez soupo controlar os nervios para darlle a volta ao partido e incluso ampliar a ventaxa poñendo o 3-1 no marcador mediada a segunda parte. O segundo gol do Husse-Barbarroja meteu un pouco de medo no corpo aos rapaces de O Esteo pero as imprecisións nos metros finais no xogo de cinco do Husse-Barbarroja e a boa actuación do porteiro de O Esteo que acabou desquiciando aos xogadores rivais fixo que o marcador non se movera mais reflexando un 3-2 a favor de O Esteo. Vitoria que lle fai manter a este esperanza de eludir a fase previa da Copa Local de Futbol Sala As Pontes 2018.

A continuación antes de deixarvos cos resultados desta xornada nº 18, a clasificación e loita por ser o máximo goleador da competición na que Tomás de A Cova dos Trasnos segue aumentando a súa ventaxa, anunciar que a Liga Local de Futbol Sala sufrirá un novo parón o vindeiro Domingo por mor da ocupación do Pavillón Municipal có Maraton de Abrente de Futbol Sala.

Adxunto os resultados, clasificación e a loita por ser o máximo goleador do campeonato.

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios