Resultados do Xuvenil-Matojoma nos Campionatos Galegos de Fondo de Piragüismo de k2 e Novas Promesas

Os pasados días 14 e 15 de abril tiveron lugar os dous últimos campionatos galegos de fondo de piragüismo deste 2018.

310

O sábado tocoulles ás categorías junior, sénior e veterano en embarcacións dobles sobre a distacia de 5000 m. Nas instalacións de Barra de Miño-Coles (Ourense), e nunha pista marcada este ano polas correntes froito das últimas chuvias, o equipo pontés desprazou 8 padexeiros para competir nas categorías veterano e sénior k2. O k2 sénior formado por Adrián Paz e David Tonislavov rematou na vixésimo novena posición nunha regata dominada polas embarcacións do Kayak Tudense, Vilaboa e Naval de Pontevedra.

En veteranos os ponteses lograron o 1º posto na clasificación xeral por equipos masculinos gracias ao 3º posto de Serafín Fontao e Antonio Polo, 6º posto de Rubén Basanta e Ernesto Gancedo e 7º de José Antonio Menéndez e José Manuel García.

O domingo tocoulles aos infantís competir sobre a distancia de 3000 m en augas do río Lérez ao seu paso pola cidade de Pontevedra. Nun campionato cunha participación masiva, como empeza a ser habitual nas regatas de promoción de piragüismo en Galicia, Celia Durán fíxose co 6º posto na categoría Infantil-A k1, Antón Gacía foi 20º na misma idade pero en rapaces e Ada Fernández e Inés Domínguez foron 10ª e 11ª respectivamente na idade de infantil-B, tamén en k1.

A vindeira fin de semana comezan as regatas da Liga Galega de travesías e de Infantiles con sendas regatas en As Xubias, en A Coruña.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes

También podría gustarte
Comentarios