O ESTEO FUTBOL SALA

O equipo pontés de fútbol sala recibe ó único conxunto asturiano da categoría

213

O Esteo pontés de fútbol sala retorna a Liga dúas semanas despois para a disputa da 23ª xornada, o penúltimo partido en casa, antes de despedir a Liga ante o xa campión Zamora no último encontro de Liga.

Nesta xornada o Esteo recibe ó Santiago de Sama, único equipo asturiano que está a realizar unha gran campaña no seu estreo na categoría.

Aproveita moi ben os seus recursos, dado que a pesar de ter saldo negativo de goles é cuarto con 35 puntos.

Está nun gran estado de forma, pois nas últimas seis xornadas gañou cinco partidos, incluido ó líder Zamora.

SEGUNDA DIVISIÓN B (23ª xornada)
SANTIAGO DE SAMA FS-O ESTEO FS
Sábado 21 – Abril – 2018 (18:00)
A Fraga

Copa da Terra Chá
– Sábado 21 –
Cadete. O Esteo-Vilalba A (09:30)
Infantil. O Esteo A-Begonte A (13:30)
Infantil. O Esteo B-Begonte B (12:30)
Alevín. O Esteo-Vilalba (11:30)
Benxamín. Meira-O Esteo (12:45)
Prebenxamín. O Esteo-Vilalba (10:30)

Nova cortesía Xose Ferreiro e Moisés Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios