PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 20-21-22 ABRIL

O As Pontes recibe este domingo ó Dubra. Os equipos de base volven a xogar no Poboado

319

O As Pontes recibe este domingo ó Dubra, 17:30, en encontro arbitrado por Renny Mazaira Rodríguez (Ourense).

O equipo de Val do Dubra é oitavo con 47 puntos e un encontro menos, pendente co Ribadeo. A principio de campaña era un dos equipos aspirantes a retornar á Terceira, dado que ten un gran plantel, aínda que perdeu a Rubén Márquez.

Aínda así, non será un rival nada doado xa que venceu en sete encontros a domicilio nesta campaña, e en terreos complicados como Ordes ou Arzúa, ou tamén gañou na casa ó líder Polvorín.

Gonzalo leva 10 goles, Iván Facal 7, e Mariño 6. Leites, Villaverde e o propio Iván Facal serán baixa para este encontro.

Resultado de 2-3 na ida, con gol de Eloy no último minuto, e nos partidos no Poboado catro triunfos locais por un empate, precisamente a campaña pasada, 1-1.

PREFERENTE
CD AS PONTES-SD DUBRA (DOMINGO 22, 17:30)

FEMININO
RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES (DOMINGO 22, 12:30)

XUVENIL
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES (SÁBADO 21, 17:00)

CADETE
CD AS PONTES-EFB AMISTADE DE MEIRÁS (MÉRCORES 25, 19:00)

INFANTIL
CD AS PONTES-CCRD PERLÍO (VENRES 20, 18:00)

ALEVÍN
CD AS PONTES A-SD O VAL (SÁBADO 21, 10:15)
RÁPIDO DE NEDA B-CD AS PONTES B (SÁBADO 21, 11:00)

BENXAMÍN
SRD NUMANCIA DE ARES CF-CD AS PONTES A (VENRES 20, 18:30)
CD AS PONTES B-CD NARÓN C (SÁBADO 21, 11:25)

PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-RÁPIDO DE NEDA (SÁBADO 21, 12:35)
SD O VAL-CD AS PONTES B (VENRES 20, 18:30)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios