Resultados do Xuvenil-matojoma de As Pontes nas regatas das Xubias

Continuando coa tempada de competición esta fin de semana tocou desprazarse por partida dobre ata a cidade da Coruña para as competicións que organizaron o Club Nautico As Xubias.

368

O sábado 21 tocoulle ás pequenas e pequenos do Xuvenil participar no Campionato Galego de Fondo en K2 para novas promesas de onde Ada Fernández e Inés Domínguez voltaron co segundo posto na súa categoría de idade (infantil B) e, que de non ser por un pequeno erro na entrada en meta tería sido o seu primeiro campionato galego ganado. Antón García e Celia Durán remataron 10.º en infantil A Home (as embarcacións mixtas compiten na categoría masculina cando non existe a categoría expresamente).

O domingo 22 foi o turno dos maiores na Travesía da Ría da Pasaxe, na que destacaremos o 2º posto en k2 veterán de José García e Antonio Polo.

Tamén participaron do equipo pontés Adrían Paz en k1 senior (25.º), Manuel Alén en k1 junior (12.º), José Ferreira en k1 veterano A (9.º) e Rubén Basanta e Ernesto Gancedo en k2 veterano (que non puideron rematar a regata por rotura de pala).

A tempada continuará co inicio da Liga Provincial da Coruña o 1 de maio en Rianxo.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios