MIGUEL ALVARIÑO AVANZA ÓS DEZASEISAVOS DE FINAL EN SHANGAI

Será o único representante español na rolda dos 32 mellores

348

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García clasificou á terceira rolda na Copa do Mundo que se está a disputar en Shangai (China).

Miguel foi 31º clasificado nas tiradas previas con 654 puntos. Pablo Acha foi 30º con 655, polo que por un punto gañouse o dereito de ser o representante español xunto a Monica Galisteo na proba mixta. Miguel Ángel Pifarre quedou 58º con 646, e Antonio Fernández 82º con 634.

Na primeira rolda eliminatoria Miguel venceu, coincidencias do destino, ó seu compañeiro en Río 2016, Antonio Fernández “Yiyo” por 7-1, e por 7-3 na segunda rolda ante o francés Lucas Daniel, ó que xa gañara na cita olímpica.

Será o único representante español masculino na rolda dos 32 mellores, pois Pablo Acha, pese a vencer 6-2 ó británico Wise, caeu despois por un axustado 5-6 ante o turco Bozlar, e Pifarre caeu ás primeiras de cambio ante o tailandés Thepna 1-7. Alvariño enfrontarase mañá nin máis nin menos que ó coreano Woo Seok Lee, segundo da previa.

Por equipos, España pasou coa 14ª mellor marca, e na eliminatoria de acceso a oitavos de final, Acha, Pifarre e Alvariño venceron a Gran Bretaña 6-2, e mañá competirán contra Kazajistán, terceiro clasificado da previa.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios