SEGUNDA XORNADA NA COPA DO MUNDO DE SHANGHAI

España acaba na quinta posición na competición por equipos

284

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García competiu na xornada de hoxe na terceira rolda da Copa do Mundo de Shanghai. Facíao contra o segundo clasificado da previa, o coreano Woo Seok Lee, que venceu 0-6, acabando decimoséptimo.

Polo bronce competirá o propio Lee contra o xaponés Furukawa, e polo ouro o estadounidense Brady Ellison contra o coreano Kim Woojin.

Na competición por equipos, España, con Acha, Pifarre e Alvariño, tras gañar onte na repesca a Gran Bretaña 6-2, venceu en oitavos de final ao terceiro da previa, Kazajistán, por un axustado 5-4 e 28-23 nas frechas de desempate.

Nos cuartos de final competían contra Xapón, co que perderon 1-5, acabando na quinta posición. Para a loita polo bronce, China contra Alemania, e polo ouro, Corea contra Xapón.

Boa actuación de Mónica Galisteo, novena en Recurvo, e Andrea Marcos foi quinta en Composto.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios