Liga Local de Futbol Sala de As Pontes

O vindeiro Domingo día 29 de Abril terá lugar a celebración da antepenúltima xornada da Liga Local de Futbol Sala.

479

Unha xornada que terá como prato forte o encontro das oito do seran no que A Cova dos Trasnos enfrontarase ao Novostylo Peluqueros. Veranse as caras o primeiro e o terceiro clasificados e que no encontro da primeira volta da competición a igualdade foi máxima entre os dous conxuntos e así o reflexaría o empate a tres final, polo que é probable que volva a ocurrir algo semellante.

Abrirá a xornada ás catro das tarde o enfrontamento entre o Colormix e o UB2 Group-Pub Plaza conxunto que ten prácticamente imposible alcanzar a quinta praza para librarse de xogar a ronda previa da vindeira edición da Copa Local de Futbol Sala. Pola contra o Colormix buscará unha vitoria para presionar ao líder ante o único equipo que conseguiu derrotalo en toda a primeira volta da Liga.

A continuación Ribadeume Futsal, empatado a puntos cós Tritós-Desguaces Vilabella na cuarta praza, tentará consolidar definitivamente a quinta praza e clasificarse directamente para os cuartos de final da Copa Local, tarefa que semella doada xa que se mide ao colista o Matojoma NG UB2 F.S. que a estas alturas de campionato ainda non conseguiu inagurar o seu casilleiro de puntos polo que todo o que non sexa unha vitoria amplia dos de Ribadeume sería unha sorpresa.

Ás seis da tarde veranse as caras o Husse-Barbarroja e Os Tritós-Desguaces Vilabella nun encontro no que estes últimos parten como favoritos para acadar a vitoria pero non deben fiarse dun Husse-Barbarroja que xa non se xoga nada sempre se caracterizou por ser un equipo peleón e difícil de batir.

E por último ás sete do seran o sexto clasificado Andaina- Centro Futbol, que ainda ten unha mínima posibilidade de eludir a ronda previa da Copa Local pero xa non depende de si mesmo para conseguilo, enfrontase a O Esteo F.S. “B” que xa non se xoga nada mais que o orgullo de quedar o mais arriba posible na clasificación.

A continuación deixamosvos cós horarios dos encontros desta xornada nº 20

Ás 16:00 h. COLORMIX – UB2 GROUP-PUB PLAZA
Ás 17:00 h. RIBADEUME FUTSAL – MATOJOMA NG UB2 F.S.
Ás 18:00 h. HUSSE-BARBARROJA – OS TRITÓS-DESGUACES VILABELLA
Ás 19:00 h. ANDAINA-CENTRO FUTBOL – O ESTEO F.S. “B”
Ás 20:00 h. A COVA DOS TRASNOS – NOVOSTYLO PELUQUEROS
DESCANSA – PUB MANIA-LAS TORRES

Nova cortesía de Moisés Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios