O ESTEO FUTBOL SALA

O equipo pontés visita ó Guardo antes das semifinais da Copa de Galicia

229

O equipo pontés de fútbol sala do Esteo visita este sábado ó Guardo. O equipo palentino é segundo con 41 puntos, e debe seguir sumando para asegurar a súa praza na vindeira edición da Copa.

Na casa súman oito triunfos por só dúas derrotas e un empate. Pola súa banda, os ponteses son oitavos con 32 puntos e no peor dos casos rematarán por riba das tres últimas prazas.

Na ida, na Fraga, 4-2. Nunca trouxo nada positivo o Esteo das súas visitas ó Guardo, 5-3, 7-3, 6-4 e 6-3.

SEGUNDA DIVISIÓN B (24ª xornada)
GUARDO FS – O ESTEO FS
Sábado 28 – Abril – 2018 (18:00)
Pavillón Municipal de Guardo (Palencia)

Copa da Terra Chá
– Sábado 28 –
Cadete. Pontenova-O Esteo (12:30)
Infantil. Cospeito-O Esteo B (10:00)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios