Nota de prensa XPAP: Xuntos por As Pontes conmemora o 1 de maio

A plataforma convida a toda a veciñanza ao acto que se celebrará o vindeiro martes 1 de maio, ás 12:30 do mediodía.

207

Terá lugar nas inmediacións do monumento ao traballador, situado na Canle IV (esquina Rego do Campo).

Xunt@s por As Pontes, dándolle continuidade ao compromiso que adquiriu coas veciñas e veciños o 1 de maio do 2015, homenaxeará no día da clase obreira a tódalas persoas que perderon a vida en accidentes laborais ou por enfermidades derivadas de xeito directo ou indirecto do desenvolvemento das súas funcións profesionais.

Xornada, asemade, de loita e reivindicación dos dereitos da clase obreira, marcada especialmente este ano polas protestas a prol dunhas pensións dignas e dos dereitos, garantías e loita pola igualdade real da muller no ámbito laboral. Tamén se denunciarán as cifras de desemprego e se esixirá das institucións o efectivo cumprimento das prerrogativas constitucionais, a derogación da vixente Lei Laboral promovida polo PP, e a fin da precariedade.

Xunt@s por As Pontes aposta pola defensa dos sectores produtivos do concello, polo crecemento económico da contorna, polo incremento do emprego de calidade e por unhas condicións laborais e sociais dignas. E convida a toda a veciñanza ao acto que se celebrará este martes 1 de maio, ás 12:30 do mediodía, nas inmediacións do monumento ao traballador.

Máis información en www.xuntosporaspontes.com

También podría gustarte
Comentarios