SEMIFINAIS COPA GALICIA 2018. CD BURELA FS 7 – O ESTEO FS 0

O equipo pontés xogou este martes na Malata unas históricas semifinais

558

O equipo pontés de fútbol sala do Esteo xogou este martes nas semifinais da Copa de Galicia disputadas na Malata, nas que se deron cita os tres mellores equipos galegos.

Na primeira semifinal, os de Javi Saa enfrontábanse ó CD Burela, equipo que dentro duns días afrontará a primeira eliminatoria do play off de ascenso á Primeira División contra o Real Betis.

Os lucenses marcharon ó descanso con 2-0 no marcador, tantos de Héctor de tiro cruzado e de forte disparo o gran Matamoros, ex internacional español que retornaba ás pistas tras superar unha grave enfermidade. Pero o equipo pontés tivo ás súas ocasións por medio dunha falta directa de Martín e un man a man de Héctor con Alex.

No comezo da segunda metade poñían terra de por medio os alaranxados cos tantos de Cora e Pope. E xa con porteiro-xogador anotaron, outra vez Matamoros, Renato e Colacha. Por parte do Esteo resaltar un tiro ó longueiro de Pana.

Vibrante foi a última semifinal na que despois de manter toda a tempada unha dura pelexa por evitar a praza de descenso a Segunda División, resolta a prol dos ferroláns, desta ocasión vingáronse os santiagueses.

Nun encontro que durou dúas horas e cuarto impuxéronse 4-7 ó Parrulo, e iso que os locais conseguiron remontar dun 0-6 a 4-6, ata que nos últimos segundos sentenciou o equipo da capital.

Queda para mañá a Mini Copa Infantil, cos mesmos catro equipos protagonistas, e a final desta vixéximo sétima edición da Copa Galega entre o equipo da Mariña e o da capital. O Santiago buscará o noveno título e o Burela o primeiro.

7 CD BURELA FS. Alex, Chus, Cora, Renato, Pope – cinco inicial – Víctor, Hélder, Colacha, Matamoros, Héctor, Adilson.

0 O ESTEO FS. Javichu, Martín, Héctor, Pana, Rober – cinco inicial – Gerardo, Gago, Ayala, Dani, Ayrton, Jesús.

GOLES: Min. 8 (1-0), Héctor. Min. 11 (2-0), Matamoros. Min. 23 (3-0), Cora. Min. 24 (4-0), Pope. Min. 28 (5-0), Matamoros. Min. 31 (6-0), Renato. Min. 34 (7-0), Colacha.

ÁRBITROS: Carreira Romero, Ferrero Carballal. Amarelas a Pana, Rober, Dani e Héctor Albadalejo.

INCIDENCIAS: Pavillón da Malata. Uns 1000 espectadores.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios