PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 4-5-6 MAIO

O As Pontes recibe ó líder Paiosaco nunha xornada trascendental

439

O As Pontes recibe este domingo (17:30), ó Paiosaco, nun encontro no que se xoga moitísimo, arbitrado por Sergio Miguens (Santiago), achegarse máis ós dous postos de ascenso, e asemade evitar que o Ribadeo se aproxime á terceira posición.

O líder, tralo pequeno bache sofrido polo Polvorín nas últimas xornadas convírtese no máximo candidato ó ascenso. É o equipo con menos derrotas no que vai de Liga, só catro, e de feito tivo que agardar á 18º xornada para sufrir o primeiro traspés.

Só foron quen de vencelo, Arteixo e Polvorín en casa, e Castro e Ribadeo a domicilio. Tamén é o equipo con máis triunfos (21), e o menos goleado (27), e leva nin máis nin menos que dez vitorias a domicilio.

Iván Amor suma 10 goles, Popi e Diego Lois 7, Josiño 6, Chicho 5, e o ex xogador azul Bambán 4. Na ida, 0-0. Só houbo un precedente entre ambos equipos, na campaña 2002-03, cando o As Pontes baixou de Terceira, con triunfo dos azuis 4-1.

PREFERENTE
CD AS PONTES-UD PAIOSACO (DOMINGO 6, 17:30)
FEMININO
CD CARIÑO-CD AS PONTES (SÁBADO 5, 18:00)
XUVENIL
MEIRÁS CF-CD AS PONTES (VENRES 5, 18:15)
CADETE
CD AS PONTES-EUME DEPORTIVO (VENRES 5, 17:00)
INFANTIL
CD AS PONTES-SRD PORTUARIOS (SÁBADO 5, 11:00)
ALEVÍN
EF RACING DE FERROL C-CD AS PONTES A (SÁBADO 5, 12:15)
UD CEBARCA-CD AS PONTES B (SÁBADO 5, 11:30)
BENXAMÍN
CCRD PERLÍO-CD AS PONTES A (VENRES 4, 18:00)
CD AS PONTES B-CCRD PERLÍO B (VENRES 4, 18:00)
PREBENXAMÍN
CD AS PONTES A-SCDR GALICIA DE CARANZA C (VENRES 4, 19:10)
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES B (VENRES 4, 18:30)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios