XIV Xornadas Interxeracionais Rurais

Organizadas polo Concello de Xermade, a Asociación veciñal de Cabreiros e a Facultade de CC da Educación da Universidade de Santiago,se celebrarán en Cabreiros (Xermade) os días 26 de maio, o 01 de xuño, 02 de xuño e 09 de xuño.

593

Un ano máis poñemos toda a ilusión e esforzo na elaboración dunha proposta que poda ser de interese para toda a cidadanía, buscando tamén a colaboración en parte das actividades coma as Experiencias innovadoras no sector agrogandeiro ou o Laboratorio de radio, onde veciñas e veciños do noso concello formarán parte dunha tarde do máis entretida.

O primeiro día queremos adicalo á agrogandeiría, e neste caso, por un lado coñecer as posibilidades do monte e como xestionalo para a prevención do lume e por outro, complementando a actividade da mañá, presentando iniciativas emprendedoras que facilitan a prevención dos lumes. Contaremos con dúas empresas de animais e dúas froiteiras.

O día 01 de xuño desprazámonos ao CEIP de Xermade que colabora coas Xornadas nos Xogos populares e tradicionais. Desde a organización non queremos esquecer a importancia do xogo na nosa vida, a riqueza do xogo popular e a súa visibilización entre a poboación máis nova.

O día 02 adicarémolo durante a mañá á saúde.
Sonia Gómez, psquiatra, falaranos dos estigmas sociais das enfermidades mentais e Fernando Prieto, veciño de Xermade, contaranos a súa visión e experiencia.

Remataremos a mañá cun obradoiro práctico de Primeiros Auxilios impartido por Mª Jesús Castro Abella, doutora no PAC de Villalba e Manuel Cabarcos Calvo, Técnico de Emerxencias Sanitarias.

A tarde estará adicada ao Laboratorio de Radio dirixido por Lucía Abarrategui e Sergio Pascual.
Unha parte estará adicada a coñecer a experiencia de Brais Couto Carbia, alumno de Educación Social da Universidade de Santiago de Compostela que estivo durante un mes realizando as súas prácticas no concello de Xermade e convivindo cunha familia de Miraz.

A última parte estará protagonizada por unha serie de veciñas e veciños de Xermade que protagonizarán o RADIOTEATRO, a ficción sonora da obra de teatro “O ladrón das letras grandes”.

O día 09 rematamos facendo a entrega ao traballos premiados no IV Premio de Investigación Xermade na historia e facendo a convocatoria do V Premio.

Serán presentados os traballos polas persoas premiadas.

Rematamos a mañá e adicamos tamén a tarde ao torno que tanta vida da ao concello de Xermade.
María Martín Seijo presentará un traballo sobre Arqueoloxía da madeira desde a Idade de Ferro ata a Idade Media e despois contaremos con Vicente Ledo, torneiro e cocreador do Encontro Internacional de Torneiros de Xermade.

Pola tarde, falarase do pasado, presente e futuro do torneado artesanal e haberá demostracións prácticas da utilización do torno.

Contaremos coa colaboración da Asociación Amigos da Madeira de As Pontes e de Lolo de Severiano, maestro artesán ao que describen os expertos coma “o torneiro que fala coas mans”.

Desde a organización desexamos que vos ilusione tanto coma a nós este programa feito con tanto mimo e que vos anime a querer pasar a visitarnos nestes días pola parroquia de Cabreiros.

As Xornadas son gratuitas e non é necesario anotarse.

As Xornadas Interxeracionais están cofinanciadas polo concello de Xermade e a Deputación de Lugo (Plan Único).

Agardámosvos en Xermade e aproveitamos a ocasión para enviarvos un afectuoso saúdo de parte de toda a organización.

Persoas de contacto:

Concello de Xermade: Roberto García Pernas (alcalde) 608105464; Manuela Vilaboy Romero (educadora familiar) 678744178
A. VV. de Cabreiros: José Manuel Felpeto Carballeira (presidente da Asociación) 619547072
Facultade de CC da Educación: Jesús Rodríguez Rodríguez 677948935

Nova cortesía do Concello de Xermade

También podría gustarte
Comentarios