MOVETE X AS PONTES

O pasado sabado dia 5 de Maio as ruas da vila pontesa rexistraron unha gran animacion da man da 5º Edicion de Movete x As Pontes, iniciativa na que se implicaron mas de medio centenar de establecimientos comerciales e de hosteleria.

453

A gran noite da moda, que incluiu un desfile coas tendencias da tempoada de primavera -veran,contou coa presenza da actriz Eva Igrexas , coñecida colaboradora do programa televisivo Land Rober,que tivo moitos seguidores entre o publico asistente. Los comercios y hosteleria abrieron as suas portas ata moi tarde.obsequiaron ao seus clientes con agasallos e promocions.A mascota deste evento reparteu cupons de distinto valor economico, por un montante valor de 400 euros.para gastarr nos negocios participantes. O evento estivo organizado polo Concello, o IPPEC,Cohempo , este evento naceu co obxetivo de visibilizar e promocionar o comercio e a hosteleria da vila.

Segun a Concelleira de Comercio Ana Pena xa se consolidou e cada ano sumase novos negociosEsta iniciativa municipal busca contribuír á dinamización comercial do municipio, aumentando a visibilidade do comercio e a hostalaría pontesa, pezas fundamentais na economía local que xeran máis de 200 postos de traballo. Nese sentido, Ana Pena, responsable da área, sinala que “o Concello de As Pontes quere acadar un sector forte, axuntar esforzos e formular estratexias conxuntas que permitan reforzar o atractivo e a competitividade do comercio e hostalaría do municipio. Desde o goberno local apostamos por impulsar accións destinadas a promocionar e apoiar as vendas para lograr un sector forte, cohesionado que contribúa a crear pobo e que redunde na calidade de vida dos veciños”

Esta nova edición da festa do comercio e hostalaría do Concello de As Pontes, adicada este ano ó cabaret e os anos 20, comezará no patio do Colexio de Santa María, ás 19:00 horas, cun desfile de moda no que os establecementos amosaran ó público as últimas tendencias de moda, complementos e beleza cara o verano que converterán a As Pontes un gran escaparate ó aire libre das propostas comerciais e hostaleiras do municipio.

Tras o desfile, a partir das 21:30 horas, os locais participantes prolongarán o seu horario de apertura ata as 00:00 horas para ofrecer, a veciños e visitantes descontos especiais, promocións e sorteos. Ademais algúns establecementos ofrecerán ós seus clientes degustacións, actuacións musicais e moitas sorpresas.

Asemade, durante toda a xornada, a mascota do comercio local de As Pontes percorrerá a vila repartindo dípticos para concienciar ós ponteses sobre as vantaxes de mercar no pequeno comercio de proximidade; animándoos investir no futuro do pobo e apostar pola ampla variedade de establecementos comerciais do municipio para realizar as súas compras.

Por outra banda, Ana Pena quixo remarcar que o éxito e continuidade desta iniciativa débese a implicación por parte de comerciantes e hostaleiros e “desde o Concello de As Pontes queremos agradecer o esforzo e compromiso que realizan os nosos comerciantes e hostaleiros para ter todo a punto para esta gran cita, amosando, unha vez máis, o seu bo facer e a importancia do sector no noso municipio”.

A concelleira tamén invitou a todos os veciños e visitantes a gozar desta gran festa do comercio e hostalaría local, a vivir unha noite diferente entorno o mundo da moda e da restauración e a mostrar o seu apoio á economía local, mercando no comercio pontés e investindo no futuro de As Pontes.

Nova cortesía de Raimundo Carballo

También podría gustarte
Comentarios