O equipo veterán do Xuvenil.Matojoma de piragüismo subcampeón na Copa de España de Maratón de Pontevedra

Os pasados días 12 e 13 de maio celebrouse en augas do Lérez en Pontevedra a II Copa de España de Maratón de Piragüismo.

379

Nuhas xornadas marcadas polo tempo desapacible, vento e chuvia, déronse cita máis de 700 padexeiros de toda España para competir na modalidade de maior distancia do piragüismo, cos seus característicos porteos nos que os piragüistas teñen que saír da auga e correr coa súa embarcación.

Nesta ocasión, o Copa tamén se considerou Campionato Galego da modalidade.

Os ponteses enviaron unha delegación formada polo sub-23 David Tonislavov, que rematou 33.º nacional e 9º galego, e o grupo de veteranos, que fixéronse co subcampeonato da Copa de España e o Campionato Galego por equipos gracias aos seguites resultados:

Antonio Polo gañou o k1 veterano (40-44 anos) e fixo doblete con Rubén Basanta en k2(1.º na xeral e no grupo de idade de 35-40 anos), Rubén Basanta tamén acabou 2º galego e 6.º nacional. Na categoría de 40-44 anos participaron José Antonio Menéndez (10.º de España e 7º galego) e Ernesto Gancedo (8º de España e 5º galego); este último e con José Manuel García en k2 remataron 3.º nacionáis e no mismo posto nun podium copado por embarcacións da nosa comunidade.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes
Fotos: David Tonislavov, Federación Galega e A Contra Vento

También podría gustarte
Comentarios