PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 19-20 MAIO

O As Pontes recibe ó Ribadeo, o Feminino ó Maniños, e o Xuvenil xogará co Palas.

175

O As Pontes recibe este domingo (18:00) ó Ribadeo. Tralos dous puntos perdidos en Viveiro, o conxunto pontés ten tan complicado quedar entre os dous primeiros como non acabar de terceiro. Para elo enfrontase ao rival directo por esa praza, o Ribadeo , sobre o que leva cinco puntos de marxe.

Si os de Marco Roca chegan algo desanimados a este encontro tralo tropezo en Viveiro, non o está menos o equipo da Mariña, que perdeu 3-6 ante o San Tirso cando podería haber chegado ó Poboado a só dous puntos e dependendo deles mesmos.

Por riba, si o As Pontes perde a Alex Cabarcos por expulsión, que iso si, pérdese os tres próximos partidos, os da Mariña non poderán contar con titulares habituais, como Martín Traba e Juanma, expulsados, nin David Rodríguez, por acumulación de tarxetas.

Iso si, o conxunto lucense non virá de paseo nin moito menos xa que non deixa de ser un dos mellores planteis da categoría, baixo a batuta de xogadores de prestixio como Rafa Casanova e Mauro Poratti, e con moitos futbolistas con experiencia na Terceira División.

Ten en Santi con 13, Luki e Poratti con 9, Criss, Tichu e Casanova, con 7, ós seus máximos artilleiros.

Nesta campaña xa foi quen de vencer ó As Pontes na ida, 2-0, e ten vitorias de prestixio a domicilio, nin máis nin menos que en Paiosaco, 0-1, en Castro, 1-2, ou en Dubra, 2-5.

Nos once enfrontamentos no Poboado, dez vitorias locais e un triunfo do Ribadeo aló pola 1981-82.

Pola súa banda, o Xuvenil xogará o segundo partido da fase de ascenso co Palas de Lugo, na Gándara, mentres que o Feminino despois de vencer en oitavos da Copa ó segundo clasificado da Liga, Galicia de Caranza, recibe en cuartos nin máis nin menos que ó Campión de Liga, Maniños.

PREFERENTE NORTE
CD AS PONTES-RIBADEO CF (DOMINGO 20, 18:00)

FEMININO
CD AS PONTES-CULTURAL MANIÑOS SD (DOMINGO 20, 12:00)

XUVENIL
PALAS CF-CD AS PONTES (SÁBADO 19, 16:00)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios