ACTUACIÓN DE MIGUEL ALVARIÑO NA COPA DO MUNDO DE TURQUÍA

O arqueiro pontés alcanzou os cuartos de final nas competicións por equipos

548

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García disputou durante esta semana a Copa do Mundo de Antalya. Na competitición individual, sensación agridoce para Miguel, dado que fixo unhas moi boas tiradas individuais, acabando 18º con 671 puntos, sendo Pablo Acha 32º con 662, Miguel Ángel Pifarre 72º con 646, e Antonio Fernández 78º con 645.

Pero logo na primeira eliminatoria, caeu co ucraino Viktor Ruban, 95 da previa, iso si, Campión Olímpico en 2008, por 5-6, con 9-10 na frecha de desempate. O resto de compañeiros tamén caeron, Pablo Acha 5-6 ante o danés Weiss, Pifarre 2-6 ante o bielorruso Liahushev, e Antonio Fernández 3-7 ante o chino Tianci Ma.

Na competición por equipos do mércores, Alvariño, Acha e Pifarre, coa 11ª mellor marca, venceron 6-2 a Luxemburgo na eliminatoria previa, e logo en oitavos de final 5-4 ao complicado combinado chino, sexto da previa, con 27-26 nas frechas de desempate.

Por desgracia nos cuartos de final perderon con Gran Bretaña 4-5, con 27-28 nas frechas de desempate, acabando na sexta praza. Corea e Xapón loitarán polo ouro, mentres que Gran Bretaña e Malasia polo bronce.

Xa por último, este xoves, na competición por equipos mixtos, competían Alvariño e Alicia Marín coa undécima mellor marca, e venceron na primeira rolda 5-1 a Xeorxia, e 6-2 a Rusia, sexta da previa, nos oitavos de final.

Xa na rolda de cuartos de final caeron 1-5 ante China Taipei, terceiro da previa, acabando na sétima posición. Polo ouro Corea e Xapón, e polo bronce China Taipei e Turquía.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios