PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 26-27 MAIO

O As Pontes visita ó Arzúa, o xuvenil recibe ó Porto Burela e o Feminino ó Racing de Ferrol.

388

O As Pontes visita este domingo (18:00) ó Arzúa, arbitrado por Juan Carlos Pérez Carmuega (Pontevedra), nun partido no que non hai nada en xogo, como en ningún partido dos da zona alta, á espera de saber cal será o seu rival polo promoción dos terceiros, que saíra do perdedor do enfrontamento entre o Atios e o Ourense.

Boa tempada do Arzúa, sétimo con 56 puntos, equipo que esta campaña xa tivo resultados importantes con rivais de arriba, como un 0-2 ó Polvorín, 2-1 ó Ribadeo, 1-2 ó Castro, 0-3 ó Dubra ou un 0-0 co Paiosaco.

Ten no vigués Iván García ao terceiro máximo goleador da categoría, con 15 tantos, Diego Enjamio 8 e Manu Casal 7. No As Pontes non poderá ser da partida Alex, sancionado, nin Rubén Pardo, que cumple ciclo de 10 cartóns.

Por outra banda o xuvenil xoga o sábado a ida da súa final da fase de ascenso, e o feminino visita a Malata para xogar a ida das semifinais de Copa.

PREFERENTE NORTE
CSD ARZÚA – CD AS PONTES (DOMINGO 27, 18:00)

FEMININO
EF RACING DE FERROL – CD AS PONTES (SÁBADO 26, 18:00)

XUVENIL
CD AS PONTES – SD PORTO BURELA (SÁBADO 26, 17:30)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios