FASE DE ASCENSO XUVENIL. CD AS PONTES 7 – SD PORTO DE BURELA 0

O equipo xuvenil pon pé e medio na Liga Galega

791

O As Pontes Xuvenil deixou case sentenciado onte á tarde no Campo grande do Poboado o seu ascenso á Liga Galega.

Nun partido histórico, o cadro de Felipe Mieres adiantábase ó pouco do comezo cun tanto de Dani, que poñía o 1-0 co que se chegaba ó descanso.

Pero é que a segunda metade foi apoteósica, con seis tantos máis, ante un equipo que chegaba a esta terceira eliminatoria tras eliminar a Xuventú Oroso e o Corme, que correron a cargo de Josiño (2), Chema (2), Óscar e outro de Dani, poñendo o 7-0 definitivo.

A vindeira fin de semana os azuis visitan Burela, onde, salvo hecatombe, teñen case tódalas papeletas para conseguir o ascenso.

Á semana seguinte, a segunda fin de semana de Xuño, terían que xogar a final de Copa de Ferrol, contra o Eume Deportivo, outro gran equipo, Campión de Liga, que tamén se está xogando o ascenso contra o Arteixo.

Xogaron Lino, Carlos (Fraga 77´), David, Pablo, Breijo, Vilela, Óscar, Chema, Dani (Andrés 60´), Xose (David 87´) e Peque (Cristian 80´).

Por outra banda, mal resultado do equipo feminino, que perdeu 2-0 na Malata e verase obrigado a remontar na casa. Dous goles de Noelia, un co tempo cumprido, da ventaxa ó Racing de Ferrol. Na outra eliminatoria xogan este domingo San Sadurniño e Amistade de Meirás.

Xogaron Leti, Yoli, Nuria, Indira, Nerea, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara, Carolina Paz e Uxía.

Nova cortesía de Xose Blanco e XF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios