Resultados do Xuvenil-Matojoma no Descenso do Miño de Lugo e na regata de infantiles de Taboada

Os pasados días 26 e 27 de maio volveron as Ligas Galegas de Piragüismo esta vez na provincia de Lugo.

550

O sábado era o turno do Descenso do Miño de Lugo, entre a ponte vella de Rábade e as instalacións do Club Fluvial de Lugo, 17 km de percorrido coas dificultades típicas dos ríos, presas, pedras, correntes e as xa características algas do Miño na zona. A victoria no descenso foi para outros non menos clásicos neste río, Bernardo Sánchez e Jesús Rodríguez do Fluvial do Barco de Valdeorras. Os primeiros ponteses en cruzar a meta foron Serafín Fontao e José Antonio Menéndez, que se fixeron co primeiro posto na categoría k2 Veterano. Despois chegarían Ernesto Gancedo e José Ferreira, 10.º e 14.º k1 veterano respectivamente, e David Tonislavov, 16º k1 sénior.

O domingo tocoulles o turno ás categorías de promoción, nesta ocasión infantiles e cadetes, categorías cada vez máis concurridas en Galicia.

Polo Xuvenil-Matojoma participaron Celia Durán, que rematou 5.ª infantil A k1, Inés Domínguez, 10.ª infantil B k1, Ada Fernández, 15.ª na mesma categoría, e Antón García, 22.º k1 infantl A.

O vindeiro domingo tocalle o turno ás embarcacións de k4 e C4 no Lago de As Pontes, para a que pechouse a inscrición con 408 participantes.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios