PARTIDOS CD AS PONTES SEMANA 2-3 XUÑO

O As Pontes visita ó Atios, na ida da promoción. Partidos importantes para Xuvenil, Feminino e Infantil.

489

O As Pontes xogará este domingo a ida da promoción dos terceiros visitando ó Atios, un dos mellores equipos da Preferente galega.

Ten moitos xogadores con experiencia na Terceira División, como Joni (Alondras), Carminatti (Alondras e Chocho), Sombri (Areas e Céltiga), Estefan (Céltiga), Rubio (Bouzas), Albertito (Choco), Christian e Vitas (Areas). Sobresae Víctor Besada, que xogara no Coruxo, Bouzas e incluso nos filiais do FC Barcelona.

Tamén ten xogadores extranxeiros, como Malam Seide e Leandro, e forma parte do equipo, aínda que con poucos minutos, Quini, que fora lateral dereito da selección española sub17 xunto a David Rochela.

En definitiva, un dos mellores dos 40 equipos de Preferente que ten como máximos goleadores a Joni (17), Estefan e Cora (10), Leandro e Besada (9), e Rubio 8.

Gran campaña do conxunto porriñés, que acabou con 76 puntos, a tres de Ourense e Porriño, foi o máximo goleador da categoría (80), xunto ó Sanxenxo, e o segundo menos goleado (35), tralo Ourense.

Vitima dun mal comezo de Liga, cun so punto nos catro primeiros partidos, nas seguintes 34 xornadas apenas perdeu 3 partidos, con unha soa derrota en toda a segunda volta, e leva unha racha de once encontros sen perder. Entre outros, gañou 4-1 ó ascendido veciño Porriño ou os dous partidos ó cuarto, Estradense.

Por outra banda, o Xuvenil xoga a volta do ascenso en Burela, cunha renta de 7-0, o Feminino recibe ó Rracing de Ferrol e ten que remontar un 2-0, e o Infantil xoga en Miño a Final da Copa Afaco ante o equipo local.

PREFERENTE
UD ATIOS-CD AS PONTES (DOMINGO 3, 18:00)

FEMININO
CD AS PONTES-EF RACING DE FERROL (DOMINGO 3, 12:00)

XUVENIL
SD PORTO DE BURELA-CD AS PONTES (SÁBADO 2, 18:00)

INFANTIL
AD MIÑO-CD AS PONTES (SÁBADO 2, 11:30)

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios