Nota de prensa: Xunt@s por As Pontes denuncia o retraso que se está a sufrir nas obras de construcción do novo acceso á vila

No mes de febreiro coñeciamos unha resolución da Xunta na que se anunciaba o peche ao tráfico da AC-861 por mor das obras de remodelación da central, resolución que inducía a engano e daba a entender á veciñanza que o primeiro tramo do novo acceso estaría listo nuns cinco meses.

844

Dato que xa denunciamos no seu momento, pois non especificaba cándo comezarían as obras.

Pois ben, case catro meses despois, o Consello da Xunta aprobaba no día de onte (31 de maio) outra resolución pola que:

  • Declara a utilidade pública do proxecto, o que implica o inicio do procedemento expropiatorio. É dicir, ata que os propietarios perciban a correspondente indemnización ou xustiprezo non poden comezar as obras. E para chegar a ese punto, faltan unha serie de trámites (exposición pública, presentación e resolución de alegacións, etc).
  • -Recoñece que NON se comezou co proceso de licitación das obras, o que se fará nas vindeiras semanas (de novo, sen especificar cando).

Co verán ás portas, o mes de agosto inhábil na Administración e a complexidade de ambos procesos (expropiación e licitación), podemos prever que as obras non comezarán, sendo moi positivas, ata finais do 2018.

Dende Xunt@s por As Pontes preferimos transmitir unha información veraz, aínda que non sexa moi alentadora, a seguir o xogo de engano á poboación que se leva a cabo dende o goberno do PP na Xunta.

As Pontes, 1 de xuño de 2018

Máis información en http://www.xuntosporaspontes.com

También podría gustarte
Comentarios