Torneo de MINIBASKET FESTAS FO CARMEN E A FRAGA 2018

Xa falta pouco para a nova edición do Torneo de Minibasket Festas do Carme e a Fraga 2018.

836

Como xa saberedes moitos, este torneo serve para pechar a tempada do noso Club e celebrar o ano de traballo e competición de todos os integrantes da familia do C. B. As Pontes: xogadores, adestradores, pais, colaboradores….

E para iso convidamos a algúns dos clubs amigos a compartilo connosco. Este ano contaremos con: BBCA, C.B. VIVIEIRO e BASQUET CORUÑA.

Aínda que o torneo é de Minibasket, tamén haberá partidos para os infantís, para que a despedida sexa completa para todos.

Como as últimas edicións, contaremos con inchables para os participantes no exterior do pavillón (traede bañador).

Esperamos contar con todos vos neste día de despedida da tempada.

Nova cortesía do Club Baloncesto As Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios