XXVI MEMORIAL CARLOS FORNOS-TROFEO JOSE RAMÓN CORRAL

Tivo lugar este domingo coa vitoria do Grupo Xuvenil Matojoma en Veteranos

1.022

Este domingo celebrouse no Lago de As Pontes a 26ª Edición do Memorial Carlos Fornos – Trofeo Jose Ramón Corral Bustabad 2018, no que participaron preto de 400 piraguistas e canoístas chegados de diversos clubes de Galicia

En competición, coma ven sendo habitual, participaban ao longo da mañá, os K4 e C4, tanto en cadetes, como xuvenís, sénior e veterano, tanto de homes coma de mulleres.

En K4 Sénior o vencedor foi o Vilaboa de Antonio Palmas, Javier Conde, Breixo Buján e Brais Sánchez, e en C4 Sénior gañou o Kayak Tudense liderado polo subcampión mundial Jose Luis Bouza, ademáis de Brais Casas, David Costa e Daniel Durán.

No K4 Veterano venceron os locatarios do Grupo Xuvenil-Matojoma, co eterno Antonio Polo, Ernesto Gancedo, Jose Manuel García e Rubén Basanta, sendo cuartos o gran Serafín Fontao, Jose Ángel Pico, Jose Manuel Ferreira e Miguel Pérez. O K4 de Tonislavov, Alén, Domínguez e Paz acabou de 24º.

Tamén sumaron tres triunfos o Cidade de Pontevedra, e un Portonovo, Naval de Pontevedra, Ría de Betanzos, Kayak Tudense e un equipo mixto.

No evento amenizado por Xalo Maira, entregaron os diversos metais, Cuqui, viúva de Carlos Fornos, Manolo e Dolores Corral, pai e tía de Jose Ramón, os Concelleiros Chicho Tembrás e Ana Pena, e o Presidente do Grupo Xuvenil-Matojoma, Ernesto Gancedo.

Acudiu tamén o Presidente da Federación Galega, Jose Alfredo Bea, e entre os moitos deportistas puídose ver ao gran Óscar Carrera Amandi.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios