Copa Local de Futbol Sala 2018

Esta fin de semana remata a tempada da competición Local de Futbol Sala coa disputa da Copa Local 2018.

397

Unha Copa Local que se prevé que sexa emocionante e disputada igual que o foi a Liga a pesar de que dende as primeiras xornadas houbo un claro dominador como foi o conxunto de A Cova dos Trasnos e que acabaría sendo campión.

A competición de Copa disputarase íntegramente entre maña sábado día 9 de Xuño e o domingo día 10 onde tódalas eliminatorias serán a partido único e en caso de chegar a un hipotético empate ao remate dos encontros pasarase aos lanzamentos dende o punto de penalti.

As eliminatorias comenzaran maña sádado coa disputa da fase prevía na que xogaran os seis últimos clasificados da Liga e o sorteo celebrado o pasado martes deparou os seguintes enfrontamentos.

Ás dez da maña Husse-Barbarroja e Matojoma NG UB2 F.S. enfrontaranse nun encontro onde o Husse-Barbarroja parte como favorito a conseguir a vitoria pero non deberá confiarse dun Matojoma NG UB2 F.S. que buscará lavar a imaxe dada na Liga xa que durante competición non foi capaz de facer ningún punto nas 22 xornadas disputadas.

A continuación Andaina-Centro Futbol e O Esteo F.S. “B” buscaran o pase o pase a Cuartos de Final nun encontro que se prevé moi igualado como os disputados na Liga entre estes dous conxuntos e no que non ai un claro favorito á vitoria final.

Para finalizar esta xornada matutina as doce maña o sorteo fixo que o UB2 Group-Pub Plaza e o Pub Mania-Las Torres volvan a revivir o duelo que protagonizaron na derradeira xornada deLiga e que acabou con empate, ó igual que o encontro da primera volta, polo que neste encontro se prevé máxima igualdade xa que ámbolos dous conxuntos practican un futbol sala similar.

Regresará a competición ás cinco da tarde coas eliminatorias de Cuartos de Final cun prato forte xa que Colormix e A Cova dos Trasnos, segundo e primeiro clasificados da Liga respectivamente, candidatos a gañar esta edición da Copa Local de Futbol Sala, veranse as caras nun encontro no que o conxunto que consiga a vitoria ten moitas posibilidades de facerse có título copeiro polo que se prevé que sexa un encontro moi emocionante e disputado que se vai a resolver por pequenos detalles.

A continuación ás seis da tarde o sorteo deparou outro prato forte xa que Os Tritós-Desguaces Vilabella cuarto clasificado na Liga enfrontarase ao terceiro clasificado o Novostylo Peluqueros nun encontro no que os de Vilalba parten cunha favoritos xa que gañaron, non sen apuros, os dous enfrontamentos na Liga, pero a partido único pode gañar calquera e os Tritós quereran a revancha dos dous encontros ligueiros e así afianzarse mais se cabe como o equipo revelación da presente tempada.

Ás sete da tarde Ribadeume Futsal buscará o pase ás semifinais enfrontandose ao vencedor da eliminatoria previa entre o Andaina-Centro Futbol e O Esteo “B”. Calquera dos dous rivais poñerá as cousas compricadas aos de Ribadeume que esperan conseguir o pase ás semifinais do Domingo.

E para finalizar esta xornada ás oito da tarde disputarase a última eliminatoria de cuartos de final que enfrontara ao vencedor do encontro da fase previa entre o Husse-Barbarroja e o Matojoma NG UB2 F.S. e o vencedor do UB2 Group-Pub Plaza vs. Pub Mania-Las Torres.

Para o domingo queda a disputa das semifinais que seran ás cinco e ás seis da tarde quedando a gran final da Copa Local de Futbol Sala de As Pontes 2018, para as oito do serán.

E para dar remate a esta Tempada 2017/2018, inmediatamente despois de que acabe a final levarase a cabo a entrega de trofeos da tempada.

Nova cortesía de Moises Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios