UN VECIÑO DAS PONTES

Artigo de opinión enviado por Xosé Manuel Ribeira García

2.975

Logo de ter solicitado a este Concello poder falar despois de rematado o Pleno ordinario que se celebra no Salón de Plenos deste edificio o día 9 de maio de 2018,  e seguindo as pautas escritas no artigo 80 do regulamento Municipal que eles mesmos aprobaron (“Art. 80 rematadas as sesións oridinarias do pleno o alcalde poderá establecer unha rolda de rogos e preguntas co público asistente e sobre temas concretos de interese municipal. Correspóndelle ao alcalde ordenar e pechar esta rolda”), foime denegado. Esta acción fíxose de forma retorcida xa que derivaron a miña petición á Secretaria Municipal, cando eu xa tiña falado coa alcaldesa en funcións, Dona Monserrat García Chavarría, para poder exercer o meu dereito de falar sobre comportamentos cívicos d@s veciñ@s das Pontes. A secretaria a través dun escrito indícame que non podo falar despois do pleno.

Como non me deixan exercer este dereito ante @s representantes municipais do pobo das Pontes para decir as miñas reflexións sobre a convivencia cívica entre todos nós, onde quenes nos gobernan (PSOE) tamén teñen parte de responsabilidade, paso a plantexar as miñas opinións sen pretender dar leccións a ninguén de NADA:

  • Aparcamentos dos coches en beirarrúas e en doble fila, principalmente na Avda. de Vilalba e Avda. da Habana, con moitas plaquetas rotas e onde a xente que leva carriños ten que baixar á estrada para poder pasar. Non se podería avisar aos municipais que camiñen máis a pé e vixien esas e outras rúas?. Non é preciso que multen e sí que eduquen.
  • Por que non hai servizos públicos no parque?
  • Non teríamos que andar máis a pé toda a veciñanza para desplazarnos polo pobo?
  • Os nenos e nenas maiorciños non terían que ir á escola a pé para coñecer e vivir máis e mellor co entorno onde viven?
  • Deberíamos controlar máis as deposicións dos cans, tanto nas beirarrúas como nos soportais onde os vecinos teñen que poner carteis avisando.
  • Non teríamos que ir á compra aos supermercados con bolsas de tea para non usar tanta bolsa de plástico?
  • Por que se tiran as cabichas e as cascas das pipas ao chan?
  • Non teríamos que mercar productos de consumo dos que se fan e colleitan nos arredores?. CONSUMO KM.0
  • Non se tería que sacar a TV local á rúa e preguntar aos veciños sobre problemas ou vantaxes que observan no seu pobo?
  • Por que non se fai unha revisión do alumeado nocturno que en moitas rúas teñen a mesma luz ás 12 da mañá que ás 4 da madrugada?
  • De todo isto non se podería facer un díptico ou tríptico explicativo dende o concello con pautas que nos podan axudar a vivir millor?

As Pontes está onde está por existir o río Eume, sendo a auga un ben imprescindible para vivir, penso que temos que mirar máis para el :

  • Restaurar o Muíño de Alende onde os colexios podan ver o seu funcionamento de como se produce a fariña para facer o pan.
  • Recuperar a Fábrica da Luz
  • Sanear a Praia do Areal, limpala e poñer unha mesa con bancos para que a xente que queira poda merendar e estar cos nenos.
  • Poñer algunha barbacoa semiaberta na Fraga, xa que o lugar do polbo está saturado de reservas.
  • No paseo da Ribeira poñer letreiros de límite de velocidade así como xorobas de camelo na estrada do paseo, onde actualmente so pon límite de 16 toneladas de peso, e tamén un cervo pintado nun sinal.

Todas estas suxestións e outras poden ser discutibles pero é o que eu, como veciño, quería manifestar xa que a política ademais de xestionar tamén debera valer para transformar a sociedade dende o punto de vista de esquerdas e da transparencia, participación e igualdade de oportunidades para o acceso a postos de traballo, con responsabilidades municipais e facendo pedagoxía sobre a educación e respecto aos servizos públicos que pagamos todos e todas. E malgatar menos cartos en festas tan pomposas mirando de xenerar máis emprego , xa que a xuventude vese obrigada a EMIGRAR

Ao grupo de goberno pedirialle máis humildade e xenerosidade.

E unhas últimas palabras que non son miñas: “un pobo non é máis rico por ter máis cartos, un pobo é máis rico cando ten máis educación”.

Asdo. Xosé Manuel Ribeira García

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios