MIGUEL ALVARIÑO GAÑA O GRAN PREMIO DE ESPAÑA

Disputado na Coruña esta fin de semana

762

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García venceu este domingo no Gran Premio de España de Tiro con Arco, disputado na Coruña. Xa nas tiradas previas foi o mellor con 661 puntos, trece por riba de Pablo Acha. Dani Castro quedou sétimo con 617 puntos.

Nas roldas eliminatorias, Miguel venceu sucesivamente a Iván Loureiro (6-0), Jaime Balado (6-0), Pablo Orozco (7-3), logrando un apurado triunfo 6-5 en semis ante Carlos Iglesias, con 9-9 na frecha de desempate e maior proximidade á diana.

Brillante triunfo na final 6-4 ante Pablo Acha, con igualdade nos dous primeiros sets, ventaxa dun punto para cada un nos dous seguintes e 30-27 para Alvariño no quinto.

Pola súa banda, Dani Castro venceu a Martín Bello (6-2), Vicente Veira (7-3), caendo en cuartos de final ante Pablo Acha (0-6), acabando sétimo.

Xaquín Mira gañou na primeira rolda a Óscar Berrocal (138-125), caendo en cuartos con Jose Fernández (139-145), acabando sexto, mentres Cristina Castro perdía na primeira fase 0-6 con Celia Castaños.

Nova cortes de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios