ACTUACIÓN DE MIGUEL ALVARIÑO NOS XOGOS DO MEDITERRÁNEO

O equipo español masculino logrou unha medalla de bronce por equipos tras gañar ao Campión Mundial

590

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García acudiu esta fin de semana a Tarragona para competir nos Xogos do Mediterráneo.

Nas tiradas individuais, Miguel foi cuarto da previa con 664 puntos, por detrás do turco Gazoz (683), o esloveno Strajhar (675), e Pablo Acha (667).

Nas roldas eliminatorias, exento da primeira fase, venceu nos dezaseisavos ao serbio Beatovic (6-2), caendo nos oitavos de final co italiano Tonelli na frecha de desempate 5-6, 9-10, acabando noveno.

Na competición por equipos España (Alvariño, Pablo Acha e Antonio Fernández “Yiyo”) lograba a mellor marca da previa, vencendo despois en cuartos de final a Chipre (6-2), e caendo na semifinais ante o posterior gañador Francia (1-5).

Recompuxeronse este domingo pola mañá vencendo na loita polo bronce a Italia, actual Campión Mundial da especialidade en México 2017, por 6-2, con remontada.
España logrou catro medallas, ademais desta, a plata por equipos feminina e a de Mónica Galisteo, e o bronce de Pablo Acha.

Francia venceu nas dúas competicións por equipos, a italiana Lucilla Boari en feminino e o turco Mete Gazoz en masculino.

Miguel Alvariño consegue desta maneira a súa terceira medalla nuns Xogos, tralo ouro individual e plata por equipos nos Xogos Europeos Bakú 2015.

O outro deportista pontés que participara nuns Xogos do Mediterráneo fora Borja Prieto, que quedara cuarto en Almería 2005 e sexto en Pescara 2009.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios