BORJA PRIETO LOGRA TRES OUROS NOS CAMPIONATOS DE ASTURIAS

No evento disputado esta fin de semana en Trasona

724

Sensacional rendemento do piragüista pontés Borja Prieto Valera, que esta fin de semana conseguiu en Avilés tres medallas de ouro nos Campionatos de Asturias, ademáis de dous quintos e un sexto posto.

Na final directa de K4-200, Borja, Oriyés, Fiuza e Gallinal lograron o ouro (32:86) por diante de Oviedo Kayak (33:95) e Los Gorilas de Candas (34:12).

No K2-500, Oriyés e Borja foron terceiros na súa semifinal, gañando despois na final (1:37:83), tamén por diante de Oviedo Kayak (1:38:29) e Los Gorilas de Candás (1:39:33).

Na final directa de K4-500, Borja, Oriyés, Gallinal e Marcos Solís foron quintos, gañando Los Gorilas de Candás.

No K1-200 foi terceiro na súa semifinal, quedando quinto na final, gañada por Oriyés.

No K2-200, Borja e Álvaro Gallinal gañaron a súa semifinal, quedando sextos na final, gañada polos seus compañeiros do Covadonga, o tricampión mundial e 8 veces gañador do Sella, Álvaro Fernández Fiuza, e o Campión Mundial sub23, Juan Oriyés.

Nunha axetreada fin de semana tamén tivo tempo Borja de competir no Campionato de Veteranos, no que quedou primeiro no K1-1000, cun tempo de 3:57:35, por diante de Jose Ramón Figaredo (4:05:68) e Efrén Riestra (4:08:62).

O Covadonga foi segundo en clubes por detrás de Los Gorilas de Candas, e cuarto en Veteranos, gañando Kayak Siero.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios