SAMURAI XTREME RACE AS PONTES 2018

Máis de mil participantes na terceira edición da proba.

3.162

Este sábado disputouse no Lago de As Pontes a terceira edición da Samurai Xtreme Race.

Ao longo de todo un caloroso día, máis de mil deportistas deronse cita no evento, que incluiu dúas tandas competitivas, unha starter, once populares, e tamén circuitos para os máis pequenos.

Na categoría élite impúxose Omar Ruda (39:30), por diante de Cristhian Zarta (39:32) e Alberto Dos Reis (40:22). Nas mulleres gañou Conchi Fernández (51:29), que se impuxo folgadamente a Andrea Montero (1:00:42) e Andrea López (1:00:49).

Todo o diñeiro recadado será para a fundación Coppadis. Entregaron os diversos trofeos Valentín González, Ana Pena e Jose Rodríguez “Cope”.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios