MIGUEL ALVARIÑO, CAMPIÓN DE ESPAÑA

Dani Castro bronce no evento disputado en Santander

2.317

Gran rendemento dos arqueiros ponteses do Clube Silex nos Campionatos de España de Tiro con Arco disputados esta fin de semana en Santander, nos que lograron un ouro e un bronce.

Nas tiradas previas, Alvariño xa foi primeiro con 674 puntos, empatado con Pablo Acha, e Dani Castro terceiro con 661.

Xa nas eliminatorias, Miguel foi vencendo sucesivamente ao madrileño Manuel Santos (6-0), e ós casteláns leoneses Mario Morán e Carlos Iglesias, ambos por 7-1.

Dous deportistas da mesma comunidade lle agardaban na loita polas medallas. Nas semifinais impúxose a Álvaro Simó (6-4), e na final ao gran Pablo Acha, bronce individual nos Xogos do Mediterraneo, por 6-5, con 9-9 na frecha de desempate, e maior proximidade ao dez.

Pola súa banda, Daniel Castro gañou sucesivamente ao navarro Ángel Sola (6-0), ao castelán leonés Daniel García (7-1), e ao madrileño Ken Sánchez, ex compañeiro seu na Selección Española junior, por 6-5 e 8-8 na frecha de desempate, con maior proximidade á diana.

Na loita polas medallas perdeu en semifinais 1-7 con Pablo Acha, resarcíndose cun rotundo triunfo 7-1 ante Álvaro Simó logrando un valioso bronce.

Cristina Castro foi 29ª da previa con 521 puntos, gañando na primeira rolda á madrileña Rosa Salvador (6-0), caendo despois ante á tamén capitalina Paula Gutiérrez (0-6).

Na competición por equipos masculinos, Alvariño, Castro e Vicente Veira, do Arc-Teixo, a pesar de conseguir a mellor marca da previa, con 1965 puntos, e gañar a Cantabria nos cuartos de final (6-0), despois caeron 4-5 con Baleares e 3-5 con Castela León, acabando cuartos.

Por equipos mixtos, Miguel e Cristina, coa cuarta marca da previa, perderon con Navarra 3-5 nos cuartos de final.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios