Amigus Labs • Maker 18.4

Os vindeiros 26 e 27 de xullo, no Lar de ENDESA de As Pontes, terá lugar unha nova xornada de traballo de Amigus Labs, un espazo dedicado o arte, creación dixital e formación.

1.294

Na xornada do Amigus Labs • Maker 18.4 seguiremos traballando nos nosos prototipos. Montaremos un sistema de intelixencia artificial no barco solar, así como sensores de telemetría conectados por ESP8266.

Durante este Amigus Labs outro equipo de traballo seguirá no desenvolvo dos robots velocistas e o testeo. Tamén teremos unha zoa de exposición dos proxectos realizados nos últimos meses.

Dentro da zoa Amigus Labs Kids o xoves 26 de 11:00 a 14:00 aprenderemos a modelar en 3D e como imprimir as nosas pezas nas impresoras 3D. É recomendable traer un portátil ou PC para traballar cada un no seu propio equipo. O venres realizaremos un obradoiro de robótica, onde podremos realizar varios robots, coñeceremos todas as fases da súa fabricación, desde o deseño dos pcbs, soldadura, compoñentes e impresión 3d, esta vez o turno será de Garabullos, para unir o noso escuadrón de Escornabots.

O Garabullo é un pequeno robot educativo creado por Diego Lale como unha variante do coñecido Escornabot.

Se o tempo o permite, o xoves e venres comeremos no Lago de 14:00 a 16:00 donde faremos as probas co barco autonomo e aproveitaremos tamén a volar dróns.

A idade mínima para participar tanto no obradoiro como na Amigus Labs é de 8 anos en adiante, a inscrición é gratuita.

Para asistir á Amigus-Labs tamén podes vir equipado co teu ordenador e todo o necesario para poder conectalo a un só enchufe. Ten en conta que tes dereito a unha praza onde instalalo e a un enchufe de rede eléctrica e outro de rede de datos. O resto deberás traelo ti. Para que non te esquezas de nada imos poñer unha pequena lista de cousas imprescindibles:

– Portátil o CPU, monitor, rato, teclado e cables (moita xente esquece o rato, ¡ollo! e é necesario para o uso do oordenador).
– Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45 ou conexión WiFi – Regreta de enchufes.
– Cascos para a música. OS ALTOFALANTES ESTÁN TERMINANTEMENTE PROHIBIDOS.
– D.N.I.

Aparte disto, é recomendable traer:

– Cargador de telemóbil (se tes telemóbil).

Non está de máis que faigas unha copia de seguridade dos datos importantes antes de acudir a Amigus-Labs arte e creación dixital, e que instales un antivirus.

A inscripción é gratuita, e o prazo remata o 24 de xullo. Podes apuntarte enviando un email a amigus@amiguslabs.org (prazas limitadas). Os menores deben traer a autorización dos pais/tutor para asistir a Amigus Labs (PDF).

Organizan:
Asociación Informática Amigus • Amigus Labs • Merca Nas Pontes

Colaboran:
Concello das Pontes • COHEMPO • ENDESA • EuroEume • Nauta • No Ping • Nodo Dixital • Triade • Severiano Agrocomercial • Escourido Asociados • Clip Carbono • Ferretería Marcos • Lujo • Matojoma • You can school of English • Fitter • Pontesa Marmoles y granitos • Desguaces Vilabella • Óptica Carmela • Servicio Móvil • Areco • Panadería San José • Fotografía Fabian • Don Dino • CONPLC • IcoEume • Preludio Musical • Arprosa • Radio Eter

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios